Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, conta con diversos Máster sobre Estudios Turísticos (IUSC. Centro de Estudios Superiores); Emigración e Retorno (Universidade de Vigo), en Axentes de Desenvolvemento Económico e Xestión de Programas (Universidade de Vigo), en Xestión e Dirección de Pymes (Universidade de Vigo), e en Intervención e Xestión de Servizos Sociais (Universidade da Coruña - Fundación Española de Estudios Sociais).
Entre xullo e decembro de 1998 foi deputada no Parlamento de Galicia.
Dende 1998 e ata 2000 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación (Carrefour de Galicia).
De 1999 a 2000 foi concelleira de Servizos Sociais do Concello de Ponteareas.
Entre 2000 e 2003 foi alcaldesa do Concello de Ponteareas.
Dende 2003 foi concelleira de Servizos Sociais e teniente de alcalde do Concello de Ponteareas (Pontevedra), onde en 2007 asumiu ademáis la concellería de Economía e Facenda.
De 2003 a 2006 foi responsable do Centro Europeo de Información e Animación rural (Carrefour de Galicia), posto que tamén ocupou entre 1998 e 2000 e entre 1995 e 1998.
Entre marzo de 2008 e maio de 2009 foi deputada no Congreso dos Deputados.
En maio de 2009 foi nomeada directora xeral de Comercio, posto que ocupou ata setembro de 2012.
En xaneiro de 2013 foi nomeada directora de Turismo de Galicia.