Jesús Fernández López


Pseudónimo:Suso Fernández
Categoría: Xornalista e escritor
Data de Nacemento: 31 de xullo de 1937
Teléfono: 982140434
Fax: 982140434

Opinión
 Currículum

Estudiou o bacharelato no colexio dos Maristas na Coruña. Cursou Maxisterio e conseguiu o título de Procurador dos Tribunais, aínda que nunca exerceu como tal. Sentiuse atraído polo xornalismo desde moi novo, colaborando en xornais e emisoras de radio. Seguindo a tradición familiar dedicouse profesionalmente ó comercio, establecendo en 1963 a primeira librería e imprenta da historia de Foz. É promotor de numerosos eventos culturais, benéficos, así como de colectivos sociais e culturais como: Asociación "O Feitizo", "Amigos das artes", "Feira do Libro de Foz", "Ruta Turística Pardo de Cela", etc...

 Obras realizadas

Escribiu os seguintes libros: San Martín de Mondoñedo: Guía Histórica y Artística (1976); Foz, un lugar de ensueño (Everest, 1991) e Foz, o mar e as xentes (1999). Escribiu o guión e puxo a voz ós documentais Foz, un lugar de ensueño; Ruta Pardo de Cela: Paisaje, Arte e Historia e Finca Galea. É o promotor e director da revista "A Rapadoira" e dos xornais Rompeolas (editado no club náutico) e Despertar.

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos premios "Lucense do ano 1997", "Cabaleiro da Orde do Camiño de Santiago", "Cronista Oficial de Foz" e coa insignia de prata do Orfeón de Mondoñedo.