Estudiou Latín e Filosofía en Mondoñedo. Cando comezou a Guerra da Independencia estaba estudiando na Universidade de Santiago de Compostela e pasou a formar parte do Batallón Literario. Unha vez expulsadas as tropas napoleónicas, continúa a súa carreira militar e sae do porto de Cádiz o 17 de abril de 1817 con destino a Perú, onde pronto conseguiu o grado de brigadier. En 1823 alcanzou o grado de xeneral de brigada e asumiu o mando do exército español en contra de Bolívar. En decembro de 1824 foi ferido na batalla de Ayacucho e foi asediado durante quince meses no forte do Callao ata que firmou a capitulación en 1826 e puido regresar a España. En 1836 foi ministro de Guerra durante os gobernos de Mendizábal e Calatrava, presidente do Consello de Ministros (desde maio de 1842 ata marzo de 1843) e deputado de Lugo (1841-1842).