Reside en Xenebra (Suíza). Pertencente a unha familia acomodada campesiña. Cursou estudos primarios en Calvos de Randín e Xinzo de Limia, onde gañou varios premios, entre eles a mellor redacción para o día das "Letras Gallegas" e a mellor máscara do Entroido, que se atopa exporta no Museo Galego do Entroido en Xinzo de Limia. Aos 16 anos trasladouse a Xenebra, onde vivían os seus pais. Na cidade de Jean Calvin continuou os seus estudos na área comercial, que finalizou e diplomou en 2005.
Amante dos grandes poetas da historia e gran admirador de Camilo José Cela, lanzouse na poesía con “Mi palabra al viento”, unha colección de cen poemas da vida diaria, que sae á venda a principios do ano 2007 e goza dun gran éxito internacional. Un ano despois deléitanos con “Un te amo en poesía”, unha colección de cen poemas de amor, dedicado totalmente á súa esposa, fillo e familia. A principios deste ano sairá o seu terceiro libro “Galicia en el alma”, unha colección de poemas a Galicia e a súa emigración.
Javier Méndez foi finalista do gran concurso de poesía en lingua española a nivel mundial, coa participación de distinguidos poetas hispano falantes. Este concurso prestixioso foi organizado polo Centro de Estudos Poéticos, Ministerio de Cultura de España no mes de setembro de 2009, e o seu poema “Pienso en Galicia” foi elixido para constar na antoloxía “Palabras al viento”. A finais do ano 2009 Javier Méndez pasou a formar parte do grupo de poetas universais.
-"Galicia en el alma", Ediciones Lulu (2010). Esta é a súa obra máis significativa xa que trata do seu sentimento como emigrante.
-"Mi palabra al viento", Ediciones Lulu (2007).
-"Un te amo en poesía", Ediciones Lulu (2008).