Trala morte do seu pai trasládase a Madrid coa súa nai e co seu irmán. Ó chegar a Madrid saben que o tío da súa nai morrera. A pobreza obriga á súa nai a pedir esmola e a ingresa-los seus dous fillos no Hospicio de San Fernando. Aquí remata os seus estudios primarios e con doce anos escapa do auspicio, entrando a traballar como aprendiz de imprenta. Pouco a pouco gaña máis cartos e, aforrando para libros, mellora a súa formación. en !874 é elixido presidente da Asociación do Arte de Imprimir.Pablo empeza a pensar na idea de crear un partido obreiro que defenda os intereses da clase traballadora. Así o 2 de maio de 1879, nunha reunión de fraternidade internacional, Pablo e os seus seguidores deciden funda-lo PSOE. En 1882, a Asociación Xeral do Arte de imprimir, presidida por Pablo Iglesias, declara unha folga e ten que ingresar en prisión.O 12 de agosto de 1888 no Congreso Nacional obreiro acórdase a creación de UXT. Pablo asiste a varios congresos en diferentes cidades europeas. En 1904 celébrase en Vigo o Primeiro Congreso Socialista de Galicia.En 1890 celébrase o 1 de Maio. Pablo Iglesias fala ante unha multitude de persoas que posteriormente maniféstase reivindicando ó Goberno a reducción da xornada laboral a oito horas.En 1892 visita Ferrol e da varios mitins con gran afluencia de público.En 1894 ingresa novamente en prisión por promover outra folga e outra vez en 1904.En 1910 sae elixido deputado a Cortes por Madrid.
Pablo Iglesias escribiu artigos para o semanario La Solidaridad y La Libertad. Ademais, colaborou noutros periódicos e revistas anarquistas, socialistas e republicanas.O seu libro Propaganda Socialista é unha selección dos seus artigos dos primeiros anos.Hai que destacar tamén os seus folletos doutrinais Consideracións sobre o programa socialista e Las organizaciones de resistencia, así como os seus mitins e discursos parlamentarios.