Empregado de Alúmina-Aluminio, ingresou no PSdeG-PSOE en 1978. A partir de entón foi secretario xeral da Agrupación de Cervo, secretario de Política Institucional da Comarca da Mariña Luguesa, delegado do Comité Nacional Galego e Secretario da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE. Foi concelleiro (1983-87) e tenente de alcalde (1987-93) do Concello de Cervo e concelleiro do Concello de Burela. Foi deputado autonómico na terceira e cuarta lexislatura. Na quinta e sexta lexislatura foi presidente do Grupo Parlamentario Socialista e portavoz da Área de Política Territorial. Ademais, foi membro da Comisión de Ordenación do Territorio, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servicios e membro da Comisión de Pesca e Marisqueo. Na VII lexislatura foi portavoz do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia.