-Durante máis de 25 anos participou como xogador nos equipos de 1ª división de Tenis de Mesa de Vigo: Hogar del Productor, Real Club Náutico, e Círculo Mercantil conseguindo: títulos de campión en tódalas especialidades das competiciones galegas. -Durante estes anos participou consecutivamente en tódolos campionatos de España, menos en un, que fallou por motivos particulares, conseguindo títulos de Campión de España na súa categoría (Barcelona, 1956) de dobres, (Madrid 1959) e de equipos, do Círculo Mercantil de Vigo, (1967).-Ó finalizar a súa etapa de xogador conseguiu o título de adestrador de Tenis de Mesa no I Curso Nacional (Madrid, 1969) -Posuíu os cargos de adestrador, Delegado de Tenis de Mesa do Círculo Mercantil de Vigo, Vocal, Vicepresidente e Presidente da Federación Provincial de Pontevedra ata o ano 1988, no que preside a Xunta Xestora fundadora da Federación Galega de Tenis de Mesa. -Presidente desde a súa fundación da Fedración Galega de Tenis de Mesa.-Membro da Xunta Directiva da Federación Española de Tenis de Mesa, dende o ano 1994, formando parte na actualidade da súa Comisión Delegada.- Vocal da "Unión de Federacións" con sede en Vigo dende a súa fundación.
DISTINCIÓNS: -Medalla de Prata do Fogar do Productor de Vigo (1956).-Medalla de Ouro do Liceo de Bouzas-Vigo (1957).-Facho de Prata da Agrupación de Xornalistas deportivos Sur de Galicia (1957).-Medalla de Prata do Real Club Náutico de Vigo (1959).-Medalla de Prata da Federación Provincial de Pontevedra (1962).-Medalla de prata do Círculo Mercantil de Vigo (1967).-Medalla de Bronce da Federación Española de Tenis de Mesa como xogador (1968).-Medalla de Prata da Federación Española de Tenis de Mesa como directivo (1991).-Medalla de Ouro de la F.E.T.M. pola súa traxectoria durante 50 anos (2000).- Dirección: Reyes Católicos, 5-7Teléfono: 981 39 70 6915407 - Narón - A Coruña