Concepción Plantón Meilán


Categoría: Guitarrista e compositora
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Web

Obra: Soñando

Obra: Romance Anónimo
 Currículum

Guitarrista e compositora lucense, compuxo once obras para guitarra clásica e publicou un CD Siete obras para guitarra, editándonse as súas correspondentes partituras. A súa carreira musical comeza dando un recital no Círculo das Artes de Lugo, dirixido polo mestre García no "Rocho Musical". Seguiu dando recitais en distintas emisoras de radio e despois cursou estudios académicos nos conservatorios de Ourense e Santiago de Compostela, onde conseguiu os títulos pertinentes. Tivo como mestre a San Luis de Santiago, entre outros. Sigue a técnica do gran compositor Francisco Tárrega. As súas obras están feitas de pura música e sons, riqueza tímbrica, harmonía e beleza. Presentou o CD en 1998 no Círculo das Artes pola a Filarmónica de Lugo e interpretouno en directo para o público lucense.

En 2007 deu un concerto na Fundación, Andrés Segovia de Linares, estrenando catorce obras da súa autoría.

 Obras realizadas

En 1991 compuxo a súa primeira obra Belleza-Capricho. Despois compuxo Embrujo-Nocturno, Lucient-Minuetto ¡Hágase la Música! Preludio, Majestuosa con aire de danza, Arte Nuevo-Preludio e Universal-Divertimento. Éstas obras están no CD Siete obras para guitarra. Tamén son obras súas Ráfaga y Estudio Cantable, Lucense, e Admirable, todas elas coas súas correspondentes partituras á venda. As súas obras están na Real Academia de Belas Artes de San Fernando, na Real Academia Galega de Belas Artes, no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid, no Conservatorio Andrés Segovia de Linares, no Liceo de Barcelona, Principado de Asturias e no Conservatorio de Lugo.

 Outros datos de interese

Formou o grupo "Virtuosos", que actuou no Auditorio, emisoras de radio, en Estudio Tres, etc. Como mestra de música, ensinou solfexo, Historia da Música e instrumentos en distintos centros de Vilalba, Meira, "La Unión" de Sarria e Nadela, así como nos colexios "Illa Verde" e "Divino Maestro" de Lugo. As súas obras poden verse no Arquivo Histórico Provincial e no Concello de Lugo. O recoñecemento ás obras daa guitarrista e compositora lucense é francamente admirable. Por un lado, a Real Academia de Belas Artes de San Fernando, onde se lle comunica que o CD ‘Siete obras para guitarra’ pasará a enriquecer os fondos da nosa biblioteca, e felicitámola pola edición da súa obra. O Real Conservatorio Superior de Música de Madrid di: “Su obra se difundirá y tendrá el buen uso que sin duda merece”, o Conservatorio Andrés Segovia, felicítaa pola súa aportación á literatura musical, para este fermoso instrumento no marco dos conservatorios, comunicándolle que as obras son fantásticas. O señor Orozco tamén a felicita nos eu nomee no de tódolos lucenses. Naturalmente é o noso alcalde. Non imos seguir enumerando felicitacións á nosa compositora porque son moitas e de grandes personalidades do mundo da arte e sen ser da arte. Destacaremos a de dona Blanca García Montenegro: “Es un honor tenerte entre nosotros”. Señor Dávalos de Barcelona e guitarrista: “Sus obras me impactaron mucho”. Guillermina do Conservatorio de Lugo: “Eres un genio”, etc... O 5 de novembro de 2004 actuou no programa ‘Noites de Xolda’, na canle autonómica de Monforte de Lemos, interpretando a obra ‘Universal-Divertimento’ e ó longo da entrevista que lle fixo don Fidel, escoitouse ‘Arte-Nuevo’, da súa autoría. Estas interpretacións da guitarrista veranse en varias cidades de Galicia.

www.concepcionplanton.com

Concepción Plantón en 'Guitarra Galega, vol. 1' de Isabel Rey Sanmartín.