É licenciada en Traducción e Interpretación (Inglés-Alemán). É delegada de AISGE (Actores e intérpretes sociedad de gestión) e vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual.
Na televisión traballou nos programas "A Repañocha" (1996-98), "O Rei da Comedia" (2002), en galas benéficas, de moda e especiais da TVG, nas series "Mareas Vivas" (foi protagonista en 150 capítulos), "Nada es para siempre" (Antena 3), "Abogados" (Tele 5), "Avenida de América", "Un mundo de historias" e "Pratos combinados" e na TV-movie "Autopsia". No cine, traballou en O lapis do carpinteiro de Antón Reixa, ¿A ti como se che di adeus? de Jorge Coira e Aqueles que só existen (curtametraxe). Foi a traductora de Diálogos Suízos de Urs Widmer do suízo-alemán ó galego e de documentais e películas para a TVG (Francés, alemán e italiano).
Fala alemán, francés, inglés, italiano, galego e español.