Plácido Amboage Fernández


Categoría: Deliñante e debuxante publicitario
Data de Nacemento: 4 de abril de 1945
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Despois de cursar estudios de Bacharelato en Santiago, trasladouse a Madrid para ingresar na Escola de Artes e Oficios, onde obtivo o título de deliñante. Posteriormente regresou á súa cidade natal, onde cursou estudos de Dereito e, na actualidade é funcionario do Estado na Administración de Xustiza. Posúe tamén o título de debuxante publicitario.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:

Exposición de óleos na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia, Santiago (1982), Casa do Mar (Vilagarcía) e exposición de óleos Xesuscristo en O Faiado (Boiro).

Exposición de cadros ao óleo, de pintura sacra sobre Xesús de Nazaret, no Centro Cultural de Vite, en Santiago de Compostela, no mes de abril de 2006.

Exposición de cadros ao óleo, de pintura sacra sobre Xesús de Nazaret, na casa de Galicia en Madrid,  ao longo dos meses de marzo-abril de 2010.

Exposición de cadros en branco e negro -aguadas e plumillas- sobre a Catedral de Santiago, no restaurante Enxebre do Hostal dos Reis Católicos, en abril de 2011.

 

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:

Certame das Balconadas en Betanzos ou Certame Unión Fenosa Mostra IV (A Coruña).

 Outros datos de interese

PREMIOS: Premio Nacional de Deseño Gráfico ‘San Froilán 86’, foi premiado na Semana Verde de Galicia, celebrado en Silleda e premiado na Segunda Semana do Mar en Ribeira.