Naceu en Pradedo de Abaixo, Guntín (Lugo), en 1976.
Licenciada en Filoloxía Inglesa e en Humanidades.
Desde 2008 é profesora de ensino secundario no ensino público, na especialidade de Inglés.
Desde 2019 foi alcaldesa de Guntín e, despois das eleccións xerais de xullo de 2023, senadora pola provincia de Lugo.
Entre 2014 e 2017 foi vice directora do IES de Monterroso, no que coordinou a sección bilingüe.
Entre 2017 e 2022 foi xefa de coordinación de Cultura en Lugo e entre 2022 e 2023 xefa territorial da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades na mesma provincia.
Tomou posesión como conselleira do Medio Rural o 15 de abril de 2024.