
 Currículum
 CurrículumLicenciado en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) (1981) e doutor en Filoloxía Galega (1995) pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor desta universidade desde 1982. Actualmente é profesor titular de Filoloxía Galega e Portuguesa. Foi profesor invitado das Universidades de Lisboa, City University de Nova York e Bos Aires, lector na Universidade de Birmingham, coordinador do “Proxecto Sarmiento”, coordinador do Informe de Política Lingüística e Normalización en Galicia (1980-2000) do Consello de Cultura Galega, estudioso do proceso de estandarización do idioma galego e director do Centro de Documentación Sociolingüístico de Galicia.
 Obras realizadas
 Obras realizadasEditou Sempre en Galiza, Castelao: conferencias y discursos e Obra Completa de Castelao, Follas Novas de Rosalía, obras de Otero Pedrayo e Martín Sarmiento e o volume Estudios de Sociolingüística Galega (Galaxia, 1995). Ademais, foi o autor do volume Castelao: Defensa e significación do idioma galego e Historia Social da Lingua Galega (1999).
 Outros datos de interese
 Outros datos de intereseÉ membro do consello de redacción da revista “Dorna” (Expresión Poética Galega), codirector de “Grial” (Revista Galega de Cultura), investigador do Instituto da Lingua Galega e coordinador da sección de lingua e secretario do Consello da Cultura Galega.
É membro da Real Academia Galega dende 2012.
O 4 de abril de 2025 é elixido Presidente da Real Academia galega.