Desde o ano 2000 é director das emisoras de Radio Popular - Cadena Cope, en Lugo, Vilalba e Becerreá. Entre 1994 e 1999 ocupou a Dirección Rexional de Informativos da Cadena Cope en Galicia, tras ter desempeñado a xefatura de informativos da emisora cabeceira da Cadena Cope na Comunidade Galega (Santiago) en 1992 e 1993. Desde 1979 desenvolveu o seu labor profesional, en varias etapas, en Radio Galicia-Cadena Ser e en Ondas Galicia.
Foi relator en varias xornadas sobre ‘Medios de comunicación y medio ambiente’, ‘Los medios de comunicación en Galicia’, ‘La radio local’, ‘Ética y comunicación’ e no ‘Segundo Congreso Periodístico Galaico-Portugués’, celebrado en Santiago en 1999.
Foi gañador do premio xornalístico da ‘Ruta Jacobea del Mar de Arousa y Ulla’ na súa modalidade de radio en 1993.