Carlos Vázquez García


Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 1 de xaneiro de 1957
Lugar de Nacemento: Monterroso (Lugo)

Opinión
 Currículum

Tras estudia-lo Bacharelato no Seminario de Lugo (1969-75) e COU no Instituto Masculino (1975-76), diplomouse en EXB (Filoloxía) (1976-79) na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo e licenciouse en Filoloxía Hispánica pola UNED en Madrid (1982-88). Ademais, completou a súa formación con múltiples cursos e xornadas, entre os que destacan: ‘Dislexia e fracaso escolar’, ‘Perfeccionamento de Lingua Francesa’, ‘Utilización Didáctica dos Medios Audiovisuais e Iniciación á Tecnoloxía’, vídeo (1991), ‘Utilización Didáctica dos Medios Audiovisuais e Iniciación á Tecnoloxía’, vídeo (1992), ‘Primeiras Xornadas de Educación e Formación Vía Satélite - EEOS’, ‘III Curso de Tecnoloxía Educativa: Informática e Vídeo’, ‘Especialidade de Lingua Galega’, ‘IV Curso de Tecnoloxía Educativa: vídeo’, ‘Da teoría do texto á práctica do ensino da lingua’, ‘Informática Básica’, ‘Novas Tecnoloxías da Información: Aplicacións didácticas’, ‘Microsoft Access’, ‘A Lei de Calidade a debate’ e ‘Internet aplicada á educación: nivel intermedio’. Así mesmo, levou a cabo tres seminarios permanentes: ‘O estudo da Prehistoria da Comarca do Barbanza a través dos seus restos arqueolóxicos’, ‘Seminario interdisciplinar de Lingua Galega’ e ‘Aproximación ao estudo dun río a través dos Medios Audiovisuais: O Tambre’.
Polo que respecta á súa experiencia laboral, foi mestre na Deputación Provincial e en varios centros da provincia de Lugo, en Porto do Son (A Coruña), director e coodinador do Centro de Recursos de Noia (A Coruña), no CEIP de Cospeito (Lugo), no IES ‘A Nosa Señora dos Ollos Grandes’ (Lugo), IES ‘Ánxel Fole’ (Lugo), CPI Baralla/ CPI Pobra de San Xiao, IES Fontexería (Muros) e xefe do Departamento de Lingua e Literatura Galega no CPI ‘Tino Grandío’ (Guntín). En canto á súa faceta como escritor, é coautor de diverso material audiovisual, entre o que destaca ‘Arqueoloxía do Barbanza’ (I Premio no II Certame Galego de Vídeo na Escola do ano 1994) e coordinou a revista ‘O Cabazo’ do C.P. de Cospeito no curso 1995-96, a revista ‘A Voz da Escola’, do CPI de Pobra de San Xiao no curso 1998-99 e a revista ‘Pallares’ do CPI ‘Tino Grandío’ de Guntín nos cursos 2000 a 2003 (esta revista obtivo o I Premio Galego de revistas escolares no curso 2001- 2002). Ademais, publicou ‘Toponimia de Monterroso’, editada polo concello desa localidade (2002) e ‘Toponimia de Guntín de Pallares’, tamén editada polo concello. En 2006 publicou ‘O Mosteiro de Ferreira de Pallares’, editado pola Xunta de Galicia. Así mesmo, é colaborador esporádico da prensa local sobre temas históricos relacionados coas terras de Pallares e Monterroso.

 Obras realizadas

Foi coordinador da experiencia ‘Radio Escolar’ na Comunidade Autónoma Galega no curso 1994-95, responsable da campaña de normalización lingüística ‘Entre nós, en galego’ no curso 2001- 2002, coordinador do proxecto de investigación e innovación educativa ‘Os medios audiovisuais: unha fiestra aberta ó ensino da Lingua e Literatura na Educación Secundaria Obrigatoria’, relator-monitor da actividade ‘Utilización didáctica dos Medios Audiovisuais e iniciación á Tecnoloxía Vídeo’, relator de diferentes actividades relacionadas coa lingua galega, fundador do ‘Concurso Galego de Panxoliñas’, Noia (1992) e membro- fundador da ‘Asociación de Amigos do Mosteiro de Ferreira de Pallares’. Carlos Vázquez tamén ten participado como membro avaliador en diversas edicións do ‘Concurso Galego de Panxoliñas’ así como do certame de música de ‘Entre nós, en Galego’.