Licenciado en Filoloxía Francesa e catedrático de Francés.
Traduciu ó galego: O poema do país que ten fame, de Paol Keineg (1978); O estraño cabaleiro, de Michel de Ghelderode (1981); Ubú rei, de Alfred Jarry (1989); Gargantúa e Pantagruel, de F. Rabelais (1991), Exercicios de estilo, de Raymond Queneau (1995, en colaboración con X. M. Pazos); Cartas das Illas Bailarinas, de Jacques Prévert (1996); A noite xusto antes dos bosques y Combate de Negro e de can, de B. M. Koltès (1996); O reiciño de Galicia, de Víctor Hugo (1998); Macbett, de E. Ionesco (1998); Historia de rei Kabul 1º... , de Max Jacob (1999), Cándido, de Voltaire (1999); Tres pezas cómicas medievais (Dito de herbaría / Monólogo do Arqueiro Franco de Bagnolet / Farsa do avogado Patelín) (1999) e Os constructores de imperios ou o schmürz, de Boris Vian (2000. Outras obras súas son: Lerias e enredos para os máis pequenos (1983, en colaboración con Maruxa Barrio); Antoloxía do conto popular galego (1994, en colaboración con Maruxa Barrio) e A saqueriña da lingua (1999).