Pintora autodidacta, escribe sobre a súa forma de senti-la pintura na revista ‘Entremuros’. Ademais de pintar, tamén escribe poesía, relatos, contos e ensaios.
1984. Primeira exposición individual na Sala de Arte do B.C.I., Lugo.
Desde entón ten exposto en diversos lugares, ultimamente na Sala de Arte do Excmo. Concello da Coruña, Sala Almirante (Lugo), Galería Sargadelos (Lugo e Vigo) e Sala de Arte da Asociación de Artistas da Coruña.
2005. Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela), Sala Barna (Barcelona), Feira Internacional ‘Arte-Nim’ Nimes (Francia) e Feira Internacional de Frankfurt (Alemaña).
Artigos en prensa: El Progreso, El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, La Vanguardia e Revista Entremuros.
En recoñecemento ó seu labor artístico, o escritor e musicólogo Enrique Iglesias Alvarellos incluíuna no seu libro ‘Mulleres destacadas de Galicia’.
1993. Entrevistas en diversas emisoras de radio galegas e catalanas así como en TVG e TVE. Participa no mes de setembro no programa Internacional de TVE ‘Desde Galicia para el Mundo’.
COLECCIÓNS PÚBLICAS E PRIVADAS
As súas obras figuran nas seguintes coleccións públicas e privadas: Banco de Crédito e Inversións, Banco Gallego, Exma. Deputación Provincial de Lugo, Exmo. Concello da Coruña e Galería José Lorenzo (Santiago de Compostela).
Páxina web: www.doloresguerrero.com