Susana López Abella


Categoría: Política e xornalista
Data de Nacemento: 14 de maio de 1967
Lugar de Nacemento: Taboada (Lugo)
 Currículum

Cursou estudos de Dereito e Ciencias Empresariais na UNED e está colexiada en Xornalismo polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. A súa experiencia profesional no campo informativo forxouse como delegada e locutora de "Radio Faro" de Chantada entre 1990 e 1999.

En Chantada asume a Concellaría de Cultura e o posto de tenente de alcalde do concello entre 1999 e 2003.

Desde 2001 é deputada do Parlamento de Galicia, onde foi vogal adxunta do Grupo Parlamentario Popular e vogal de Familia e Muller.

Preside a Comisión non Permanente de Xuventude; é secretaria da mesa da Comisión de Economía e Facenda e vogal da Comisión de Sanidade.

É membro do Comité de Dirección e Vicesecretaria Xeral do Partido Popular de Galicia.

Desde outubro de 2008 é presidenta do Partido Popular de Chantada.

Actualmente é Secretaria Xeral de Familia e Benestar, da Consellería de Traballo e Benestar.