Fillo de Eugenio Carré Aldao, Gonzalo Carré iniciouse como futbolista en 1905 no equipo “Reina Victoria” e foi xogador do “F. C. Galicia”, do “María Pita”, etc. A partir de 1908 traballou como comentarista deportivo no diario El Noroeste e ese mesmo ano foi nomeado vicesecretario da Federación Galega de Fútbol. Organizou na Coruña a Primeira Volta Ciclista a Galicia e en 1955 pasou a formar parte do comité directivo da Federación Galega de Atletismo, ocupando o cargo ata 1972.
Gonzalo Carré conseguiu a medalla de ouro ó mérito atlético da Federación Galega de Atletismo, a medalla de prata da Federación Nacional (1960) e a de bronce da Delegación Nacional de Educación Física e Deportes (1965). Foi xuíz nacional e honorario da Real Federación Española Atlética.