Gilberto Suárez Méndez


Pseudónimo:Ibáñez e en temas deportivos, Zeraus
Categoría: Publicista
Data de Nacemento: 31 de xullo de 1936
Lugar de Nacemento: Ribadeo (Lugo)
 Currículum

Non se considera ningún galego destacado, simplemente un bo ribadense, que fixo todo o posible polo seu pobo, desde prácticamente tódolos foros existentes na Vila. Pertence ás Sociedades 'Amigos de la Gaita', 'Filantrópica', 'La Concordia', 'Ribadeo F.C.', 'Amadores da Música', 'Biblioteca El Viejo Pancho', 'Asociación de Ex-alumnos Menesianos', 'Peña Madridista co Nº1', etc... Correspondente do Progreso durante nove anos, segue escribindo en 'A Mariña' (suplemento do Progreso). En 'La Comarca' encargouse das Festas de Ribadeo en 18 ou 20 ocasións, 10 ou 12 foi directivo do Ribadeo F.C., estivo como directivo de Cáritas 2 anos, concelleiro foi polo PSOE 4 anos, participou moi activamente e con entusiasmo en todo o que supuxo mellora-lo noso pobo. Foi representante de 'Follas Novas' na súa Xira artística en Arxentina no ano 1985. Segue na brecha e dando a cara, denunciando as carencias de Ribadeo, o que non lle aporta ningún amigo. Di que se cos seus escritos consegue un Ribadeo mellor, ten suficiente recompensa. O seu entusiasmo pese a ter padecido un infarto, non decreceu, sigue na brecha e disposto a seguir loitando polo seu pobo no que 'faga falla'. Agora mesmo leva a Administración da súa Comunidade de forma totalmente gratuíta, escribe de fútbol e temas locais de todo tipo. Na actualidade é pensionista pero sóbralle traballo sen 'soldo' a montón.