Diplomado en Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela con Posgrao en “Práctica Laboral” e Curso de Adaptación Pedagóxica (C.A.P.) realizado no Instituto de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela; ó que engade varios cursos, xornadas, conferencias e congresos. Representante de alumnos da súa facultade e como tal membro da Xunta da Escola e tamén das súas comisións delegadas “Permanente”, “Docencia” e “Seleción de profesorado”. Membro das asociacións universitarias de alumnos AUGE (Asociación Universitaria Galega de Estudantes) co cargo de Secretario do Consello Consultivo e AXUES (Asociación Xuvenil Universitaria de Estudos Sociais) co cargo de coordinador de Campus. Organizador do Concurso Xurídico "Ti tes a palabra" en colaboración coa direción da Escola Universitaria de Relacións Laborais da U.S.C. (1997) e de diferentes cursos e conferencias dirixidas ó colectivo de estudantes da U.S.C. Membro do Corpo de Voluntariado Especial da U.S.C. sendo guía nas exposicións do V Centenario “Gallaecia Fulget”, “A muller na universidade” e “Códices americanos” (1995) e desenvolvendo programas de axuda social como o denominado “Sensibilización para o apadriñamento de nenos do Terceiro Mundo”. Membro fundador da Asociación Nacional de Alumnos e Ex-alumnos de Graduado Social e Relacións Laborais (Valencia 1996), sendo un dos redactores dos estatutos de constitución da mesma. Nesta época funda a revista “O Estatuto” publicada na Escola Universitaria de Graduados Sociais da U.S.C., é membro do consello de redación e escribe as editoriais do BIAS (Boletín de Información das Asociacións da Universidade Compostelana) e redacta guías de información publicadas pola U.S.C. Acreditado como Personal Investigador Social (2000) polo Gabinete Técnico da Direción Xeral de Institucións do Ministerio do Interior para a realización de proxectos de investigación social. Membro fundador da Asociación Cultural “A Nosa Bisbarra” de Viana do Bolo (1997) e autor dos Estatutos de Constitución da Asociación Orfeón Vianés (2000).
1. Escritos:
1. Libro “Ilustres” (2014) sobre a historia local e biografías de destacados personaxes vianeses, cedendo tódalas donacións recaudadas ó proxecto educativo de cooperación “Escolas da Terra” gracias ó que varios alumnos da U.E. Timoteo Rondales da localidade boliviana de Bermejo recibiron becas coas que poder continuar os seus estudos na universidade.
2. Reportaxe “Carlos Casares: un profesor en Viana do Bolo”, publicado polo CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) en 2013.
3. “Vente logo Maruxiña que imos correr o Entroido” (2011), “Viana Asturias: mascaradas compartidas” (2012), “Un Entroido rociado de lume” (2013) e “Un bombo, unha maza… unha ilusión” (2014); artigos de colaboración no especial de carnaval do xornal O Sil.
4. Discurso de agradecemento en representación dos galardonados coa Androlla de Ouro de Viana do Bolo en 2010.
5. Discurso conmemorativo do Acto do 15 Aniversario da última promoción de Graduados Sociais da U.S.C. celebrado en 2010 no Café Casino de Santiago de Compostela.
6. “Entroido de Viana do Bolo: Personaxes e Gastronomía”, publicado en 2011 pola Asociación de Folións Rurais. Autor dos textos ilustrados con carboncillos da artista Mª Luz Pérez Pérez.
7. Textos do tríptico de promoción turística editado en 2007 polo Concello de Viana do Bolo e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
8. Coautor do xogo de mesa “Bibali” (2000).
9. “Na reflexión do Entroido” e “De como fun á feira e do que nela me aconteceu”; artigos publicados na Revista A Nosa Bisbarra de Viana do Bolo (1997 e 1998).
10. “Lembranzas de pedra”. Primeiro Premio do Concurso de Relato Curto organizado por asociacións universitarias da U.S.C. en 1997.
11. Guías de Información “Técnicas de inserción laboral” e “A Prestación Social Sustitutoria na Universidade” publicadas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996.
12. Artigos nas revistas universitarias “BIAS”, “Mic Mic Coiote News” e “O Estatuto”.
2. Audiovisual:
1. Documentais “Surgió un lago”, “Cartas desde Viana”, “Recunchos” e “Viaxando no tempo” (coautor).
2. Vídeo-montaxe promocional “Viana do Bolo, motivos para sorprenderte” presentado na 'Feria Internacional de Turismo de Interior INTUR' celebrada en Valladolid en 2008.
3. Vídeo-montaxe para a clausura do Ciclo “Viño e Poesía” de Lugo Patrimonio (2009).
4. Vídeos-presentación do Acto de Entrega da Androlla de Ouro (2009, 2010 e 2011).
5. “La historia olvidada de Viana do Bolo” (coautor).
6. Reportaxes “A fábrica da luz: Viana do Bolo 1908”, “Viana do Bolo 1858: Unha vaixela para unha raíña”, “O Pilón, un monumento aos heroes caídos” e “Praza Maior”.
3. Ponencias:
1. “Segundo Ciclo de Relaciones Laborales: justificación y desarrollo”. Charla-coloquio presentada en 1996 xunto a Luisa Novas na Escola Universitaria de Relacións Laborais da U.S.C.
2. “El carnaval de Viana do Bolo”. Ponencia presentada nas “IV Xornaes de Mazcaraes d´Iviernu” celebrada en 2011 en Valdesoto (Pola de Siero, Asturias).
3. “100 anos de Entroido”. Ponencia presentada no IES Carlos Casares de Viana do Bolo en 2011.
4. “Segundo Ciclo de Relaciones Laborales” (membro do equipo nacional de redación de dita ponencia).
1. Condecoracións: Androlla de Ouro 2010 (distinción que concede o Concello de Viana do Bolo), en recoñecemento á promoción do carnaval vianés.
2. Investigación Social: membro do proxecto de investigación “Delincuencia Feminina. A súa produción e enxuizamento” realizado para o Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía da U.S.C., sobre o estudo do colectivo das mulleres reclusas de Galicia, levado a cabo nos Centros Penitenciarios galegos. Coordenador do proxecto de investigación “Drogodependencia en Galicia” realizado en 2002.
3. Acción social: “O termómetro da solidaridade”, programa desenvolvido en centros de ensino para o apadriñamento de nenos desfavorecidos.
4. Música: gaiteiro do grupo de música tradicional “Aires de Santes” e da Rondalla “Monte Galiñeiro” do Centro Cultural de Vincios (Gondomar). “Cantares tradicionais das terras de Viana do Bolo”, estudo realizado en 1995.
5. Radio: participacións nos programas “Lonxe da Terra” (Radio Teletaxi) e “Sempre en Galicia” (Radio Cornellá), que dende Barcelona e Cornellá de Llobregat se emiten para a poboación galega en Cataluña. Participacións en Radiovoz (Santiago de Compostela) en debates e programas de actualidade universitaria.
6. Televisión: colaboración coa TVG no especial de carnaval de 2013 aportando información sobre a historia e elementos socioculturais desta festa no oriente ourensano.
7. Congresos: I Congreso Provincial de Cooperativas (A Coruña), II Congreso Nacional de Estudantes de Dereito do Traballo, Seguridade Social e Estudos Socio-Laborais (Santiago de Compostela), II Congreso Español de Ciencia Política e da Administración "Democracia e Administración" (Santiago de Compostela) e XXXI Congreso Estatal de Estudantes de Relacións Laborais/Graduado Social (Valencia).
8. Cursos: Prevención de Riscos Laborais, Especialización en Práctica Laboral e Procesal, Xestión de Recursos Humanos, Xestión Tributaria, Clonación e Modificación Xenética, Seguridade Social, Linguaxe Audiovisual, Protocolo, Desenvolvemento Sostible, Contratación Laboral e Fomento do Emprego, Economía Social e Cooperativismo, Actualidade Xurídica e Debate Social, Reforma Laboral, Constitución e Estado das Autonomías, Transición Política e Perfeccionamento da Lingua Galega.