Estudia o bacharelato na súa cidade natal e posteriormente trasládase a Granada para estudiar Filosofía e Letras. En 1935 obtén a licenciatura de Letras con sobresaliente e premio extraordinario. Ese mesmo ano suspende as oposicións para profesor (a causa da súa "letra inintelixible"). Colabora no xornal Política, onde será correspondente na Guerra Civil, axudando a varios refuxiados a escapar. Na Universidade de Valencia obterá a cátedra de Literatura. Acabada a Guerra Civil, fuxe do campo onde estaba confinado e marcha a Cuba. Alí dá conferencias e funda a Escola Libre da Habana e a Academia de Artes Dramáticas. En 1943 vai a Universidade de Princeton como lector para dar uns cursos e xa non marchou dos EE UU. Tamén traballou con Buñuel en Hollywood e traduciu ó español o argumento de ¡Viva Zapara!. En Hollywood fundou unha academia de Arte Dramático en 1946. Ó ano seguinte é nomeado lector do Departamento de Español e Portugués da Universidade de Los Ángeles, da que posteriormente foi profesor auxiliar e en 1951 é profesor de Literatura Moderna Española. En 1954 está a punto de ser deportado pola "Caza de Bruxas" do senador MacCarthy e ó ano seguinte trasladouse a Portugal para ve-la súa familia, pero impedíronllo, trasladándose coa súa muller a París. Desde 1961 foi profesor titular da Universidade de Los Ángeles e profesor emérito da mesma desde 1985.
É autor de dous libros de poesías: Noche de Galicia e Tres en uno, así como de obras de investigación e ensaio: España y IV, El esperpento y su signo universal, La Pardo Bazán y Unamuno, Umbral de sueños, Poetas españoles en USA, Lengua y cultura, Mascarón de proa, Memoria de España,... e artigos en revistas.
Entre os premios que obtivo destaca o José Vasconcelos en 1983. Ese mesmo ano foi nomeado membro da RAG.