Ghaleb Jaber Ibrahim


Data de Nacemento: En 1950
Lugar de Nacemento: Einabus (Palestina)
 Currículum

 

Aos 17 anos chega a Galicia e pouco despois comeza os seus estudos na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Licénciase e doutórase en Medicina pola USC. En 2003 obtén o título de Doutor en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Ghaleb Jaber realiza tamén un Master en Dirección de Empresas.

 Obras realizadas

Desde 1984 preside o Grupo de Empresas Araguaney, entre os que destacan o Hotel Araguaney de Santiago de Compostela, fundado en 1985 e a produtora audiovisual CTV, encargada de producir a maioría de programas que emite a TVG. Ademais, é fundador e presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas, entidade cultural privada que nace en 1984 co obxectivo de achegar as culturas española, hispanoamericana e árabe. Desde 2008,  a Fundación Araguaney-Puente de Culturas é membro da Alianza Mundial para a Diversidade Cultural da UNESCO.
Ghaleb Jaber é un fiel defensor da igualdade entre culturas. Se algo marcou a súa traxectoria foi a guerra e a situación política da súa terra natal, Palestina, feitos sobre os que non deixa de escribir nos seus habituais artigos de prensa e publicacións literarias.
É autor dos ensaios “Crónicas de una injusticia” (2002) ou “Génesis de Israel” (2004).