Xoel López


Pseudónimo:Deluxe
Categoría: Músico
Data de Nacemento: 12 de agosto de 1977
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Obras realizadas

Deluxe é o proxecto en solitario de Xoel López, un novo músico coruñés que pasou a súa adolescencia en bandas galegas como The Riddles, Los Covers ou Elephant Band. Nese tempo descubriu gran cantidade de artistas e estilos, pero sobre todo, descubriu por onde quería levar a súa carreira en solitario.
O seu primeiro álbum, ‘Not What You Had Thought’, saíu á venda en 2001. Xoel compuxo todas as cancións do disco, tocou todos os instrumentos (de piano a guitarra ou programacións). Tamén o coproducía xunto a Juan Gil e José Martínez. Este álbum, precedido do single ‘I'll See You in London’ (o tema máis pegadizo do disco e un auténtico éxito aquel verán, chegou ó nº 12 das listas), foi o primeiro gran lanzamento da súa compañía de discos, a española ‘Mushroom Pillow’ (da que aínda segue sendo un dos principais valores).
O traballo xerou unha certa revolución no escenario da música independente española, non en van recibira bastante atención dos medios especializados desde meses antes de publicarse, e seguiu recollendo críticas positivas os meses seguintes (incluso hoxe ségueo facendo).
Tras unha extensa xira dun ano, no que tocou en todos os grandes festivais españois (Benicássim, Contempopránea, Festimad, Espárrago Rock...), Deluxe empezou a obter recoñecementos no estranxeiro, pois varias das súas creacións figuraban en recompilacións de países tan diferentes como Francia ou Xapón. Durante 2002 seguiu de xira e publicando singles e EPs con material inédito, ó tempo que que empezaba a escribir cancións para un novo álbum (acumulou 40 temas novos en poucos meses).
‘If Things Were to Go Wrong’ publicouse en 2003, con Xoel facéndose cargo de novo de todos os instrumentos e compoñendo todas as cancións, incluídas varias en español por primeira vez. Este álbum estivo a punto de ser producido por Steve Cradock (de Ocean Colour Scene), pero a colaboración non puido materializarse no último momento. Novas influencias parecen guiar o estilo de Deluxe nesta ocasión, pois salta sen problemas de ritmos plenamente soul a melodías con sabor a campo, intentando siempre coller un pouco de aquí e de alá. Sexa como fora, esta diversidade resultou bastante positiva, xa que o álbum foi un éxito instantáneo e un dos favoritos da crítica en 2003. Xoel empezou a ser requirido para cada vez máis aparicións en prensa, radio e televisión, e tivo que voar ata Xapón e outros países para promover o lanzamento.
Meses despois, Deluxe publicou ‘We create, we destroy’, un EP formado por temas inéditos extraídos das sesións de gravación do álbum, e comezou a traballar nalgunhas outras composicións para a banda sonora de ‘El juego de la verdad’. Reeditou ‘If Things Were to Go Wrong’ con bonus tracks e arrancou unha nova xira española para ese 2004, xira que interrompía ocasionalmente para promover ‘Lovely Luna’, o seu proxecto paralelo xunto a Félix Arias.
En setembro de 2004 empeza a compoñer novos temas para o seu terceiro CD, usando principalmente o español. ‘Los jóvenes mueren antes de tiempo’ publicouse en 2005, espertando críticas bastante boas e facendo que Xoel aparecese nalgunhas das principais revistas musicais (Mondosonoro, Rolling Stone, MTV Magazine). Cómpre destacar o premio ó mellor disco do ano segundo a revista "Rolling Stone" en 2006 con ‘Los jóvenes mueren antes de tiempo’.
Deluxe embarcouse nunha nova xira por España, Portugal, Arxentina ou Alemaña...
En 2007 espera publicar o seu cuarto disco ‘Fin de un viaje infinito’ con Virgin.

 Outros datos de interese

Máis información en : www.fabricadechocolate.com ou en www.xoel.com