Arturo Vaquero Taboada


Pseudónimo:Humanoid
Categoría: Músico
Data de Nacemento: 17 de abril de 1971
Lugar de Nacemento: Santurce
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Fórmase con profesores particulares de guitarra e solfexo á idade de 8 anos e piano aos 14, deixando paso a unha aprendizaxe fundamentalmente autodidacta que se desenvolve formando parte de diversos grupos de electrónica e pop nos que forma parte como compositor, pianista e guitarrista. En 1997 recibe o 1º premio en RNE3 ‘Disco Grande’ á mellor demo de pop-rock como membro de ‘Humanoid’, o que lle facilita fichar polo selo madrileño Jabalina Música, para o que gravarán en 1998 o LP ‘Vectorspheres’, o seu segundo traballo ‘OCR’ no ano 2000 e o terceiro disco ‘Romance’  en 2001. Estes traballos lévanos a efectuar xiras por España, entre os que cabe destacar en Madrid a Sala Maravillas e Siroco, Sala Apolo en Barcelona e nos concertos de Radio3 de LA2 de Televisión Española, recibindo unha boa acollida pola radio e prensa especializada.

Como ‘Arturo Vaquero’  editou ata a data tres discos: ‘Razas’ en 1999, ‘Cvmvlvm’  en 2004 por encargo da declaración da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade e ‘Musica e Transportes’, USC (2007).

Neste mesmo ano 2007-08 cursa estudos na Escola de Berklee (USA) relacionados coa música para películas, concretamente “FILM SCORING 101” con Michael Rendish e recibe diploma de Dito centro conforme aprobou os exames.

Desde 1995, leva gravando, producindo discos e colaborando con máis dunha trintena de artistas de toda España e Galicia, entre os que se atopan: Fuxan os ventos, Pepe Vaamonde Grupo, La Buena Vida, Dar Ful Ful, X.M Budiño, Klaus & Kinsky, Los Lewosky,  Silvia Penide, Nadadora…

Imparte desde hai máis de cinco anos clases de música electroacústica no “Grupo de Creación Musical da Universidade de Santiago de Compostela”  realizando cos alumnos unha obra musical por ano.

 

 Obras realizadas

Ten a primeira experiencia de composición para a imaxe cunha serie de documentais sobre artistas e cidades galegas (OPHIUSA Producións, 1992-1998), e despois desta funda xunto ao músico  Xavi Font, a empresa ‘Musica para Imagenes’ co que empezarán a traballar exhaustivamente a partir de 2004 tras asistir como alumnos activos ao curso ‘Música para la Imagen’, impartido por José Nieto durante o curso 2004-05 na ECAM.

Para esa promoción realizarán a composición e gravación das curtametraxes: (‘Nadiezda’ de Stella di Tocco, ‘Clases particulares’ de Alauda Ruiz de Azúa, ‘Las paredes ajenas’ de Javier Fernández e ‘La habitación de los abrigos’ de Nerea Madariaga).

Posteriormente participan na produción musical e composición da curtametraxe ‘Te quiero mal’ de Mireia Giró e da TV Movie ‘La biblioteca de la Iguana’ dirixida por Antón Dobao (ambos para Ficción Producciones, 2005).

Durante 2006 siguen estreitamente vinculados ao mundo da curtametraxe, componiendo e realizando a produción musical nas seguintes producións: ‘Padam’ de Jose Manuel Carrasco ECAM, ‘Atención al cliente’ de Marcos Valín e David Alonso ECAM ambos nominados aos Goya, ‘Señales de Indiferencia’ de Javier Fernández ECAM e ‘Lo Importante’ de Alauda Ruiz de Azúa Encanta Films).

Tras pequenas incursións no mundo da publicidade (‘Artesanía de Galicia-Xunta’ 2005, ‘Turgalicia-Xunta’ 2006 e ‘100 años de Estrella de Galicia’ 2006, entre outros) coñecen ao prolífico director de publicidade Ramón Costafreda, para o que realizarán a composición da longametraxe ‘Abrígate’ (Continental Producciones, estrea prevista en 2008). Tamén en 2007 realizan para Ficción Producciones a TV movie ‘O bosque de levas’ de Antón Dobao, (‘Mano muerta’ Diagonal TV) de Ramón Costafreda (‘El espejo’ Continental-Oberón Cinematográfica) de Alex Sampaio. En 2008 fan a banda sonora da longametraxe “Agallas” de Samuel Martín Mateos e Andrés Luque Pérez (Continental Producciones, estrea en 2009) gravada pola Bratislava Symphonic Orchestra pola que foi nominado a un Goya como mellor canción orixinal en 2010 e a un Mestre Mateo da Academia Galega das Artes Visuais.

Actualmente, Arturo Vaquero xunto a Xavier Font, esta traballando nos novos proxectos da longametraxe de animación “O Apostolo” (Artefacto), no que colaboran estreitamente con Phillip Glass (“El show de Truman”) na composición da banda sonora orixinal.