-Enxeñeiro de automática e electrónica industriais pola ETS de Enxeñeiros Industriais de Vigo (1990)
-Postgrao en Telemática na ETS de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Madrid (1993)
-Bolseiro informático do ICEX (Instituto Español de Comercio Exterior) en Italia, Portugal e Austria (1993-95)
-Contratado para a implantación de informática e comunicacións do ICEX en diversos países de Europa, Asia, África e América (1995-97)
-Desde 1997 ata a actualidade é enxeñeiro de soporte postventa en Madrid, en varias compañías consultoras do sector privado, desempeñando funcións con distintos graos de responsabilidade na operación e mantemento de sistemas telemáticos.
É autor da guía didáctica "PC en galego", no blogue galegomadrid.blogaliza.org sobre as posibilidades de uso do galego no software dos computadores e na Internet (2012).