Gabriel Xosé Eiroa Barral


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 30 de novembro de 1892 (†21 de febreiro de 1935)
Lugar de Nacemento: Santiago (A Coruña)
 Currículum

Pasa toda a súa vida na súa cidade natal, onde o seu pai ten un taller de mármores. Coñece a Dieste, Maside, Fole, Cunqueiro, Seoane e outros intelectuais e artistas que o animan a esculpir. Ademais de esculpir en mármore, Eiroa recupera os materiais típicos galegos como o granito e a madeira. Nas súas obras trata sobre todo o tema da muller, sobre todo a mujer-nai. Tamén esculpe Cristos.

 Obras realizadas

Dada a súa morte prematura, o número de obras é escaso. Destacan principalmente Rapaza, Maternidade, Nai e fillo, Muller en repouso, Campesina, Leiteira, Cabeza.