Publicou os seguintes libros: Ártico e outros mares (Edicións Positivas, Santiago, 1990), (Premio da Crítica Española), hai traducción ó portugués en Felicio e Cabral editora Ltd, Porto, 1999. Ringside (1993), Edicións Sotelo Blanco, Santiago. (O conto titulado "Ao poboado Lahu@" está traducido ó inglés polo obradoiro de traducción do Seminario de Estudios Galegos da Universidade de Oxford (GB); Diarios dun Nómada (1994), Edicións Positivas, Santiago; Contornos: apuntes de filosofía natural. (1995) Edicións Xerais, Vigo; O Paso do Noroeste (1996), Edicións Sotelo Blanco, Santiago, (Premio de Narrativa García Barros do Concello de A Estrada); Mundiños (1997), Edicións Xerais, Vigo; Malaria Sentimental (1999), Edicións Sotelo Blanco, Santiago; Manual de Instruccións (1999), Edicións Xerais, Vigo; Papaventos (2001), Edicións Xerais Galicia, Vigo; Nos dominios de Leviatán (2001), Colección Tambo, Publicacións da Deputación de Pontevedra; O ladrón de esperma (2002), Edicións Xerais (VII Premio Café Dublín de Narrativa Breve) e Glosarios (2002), Espiral Maior, A Coruña. Tamén colaborou nos libros: Manual e escolma do relato galego (1995), Edicións Sotelo Blanco, Santiago; Narradores de cine (1996), Edicións Xerais, Vigo; Unha liña no ceo (1996), Edicións Xerais, Vigo, (está traducido ó inglés polo obradoiro de traducción do Seminario de Estudios Galegos da Universidade de Oxford); Berra liberdade (1996), Editorial Galaxia, Vigo; Minirelatos (2000), editado como edición non venal pola Librería Cartabón, Vigo e Galicia a través do espello (2000), edición numerada de 500 exemplares, Compostelán 2000. Realizou as traduccións, en colaboración, dos seguintes libros: Typhoon, (traducido do inglés como Tifón) de Joseph Conrad, Cytomegalovirus e Mon valet et moi (Traducido do francés como O criado) de Hervé Guivert, Edicións Xerais, (1998); Ont est toujors trop bon avec les femmes (traducido do francés como Sempre somos bos demais coas mulleres), de Raymond Queneau, Edicións Positivas; Le Periple de Baldassare (O periplo de Baldassare), de Amin Maalouf, por Edicións Xerais, (2000), (finalista do Premio Nacional de Traducción).
Colaborou en revistas e suplementos literarios: "Alquimia", "Animal", "Dorna", "Grial", "Luzes de Galicia", "O Correo das Culturas", "Revista das Letras" de O Correo Galego, "Trilateral" e "Valium diez". Tamén colaborou en revistas non literarias como "A Nosa Terra", "Inzar" e "Tempos Novos".