Josefa Lombao Ferro


Categoría: Ceramista
Data de Nacemento: 19 de setembro de 1957
 Currículum

Graduada en Artes Aplicadas na especialidad de Cerámica en Lugo (1987), realizou un curso de Metodoloxía Didáctica no Centro de Formación Ocupacional do INEM en Lugo (1989) e de Metodoloxía Didáctica do Deseño na Escola Taller ‘Textura’ en Xixón (1991). En 1994 obtivo a ‘Carta de Artesán’.
Desde o punto de vista profesional, impartiu clases de modelado a nenos do Colexio ‘Divino Maestro’ de Lugo (1985-86 / 1986-87) e un curso de Cerámica, en colaboración co INEM, no Concello de Guitiriz – Lugo (1988), foi profesora de Cerámica na Escola de Oficios de Outeiro de Rei (1989-90), mestra do obradoiro de Olería na Escola Taller de Moeche – A Coruña (1990-93), monitora xerente en Artesanía do Noroeste S.A., Portomarín – Lugo (1992-93) e profesional de oficio contratada polo Instituto de Desenvolvemento Comunitario de Galicia (1993). Ademais, traballou como autónoma na Olería de Bonxe, conservando a súa olería tradicional e impartiu cursos programados pola Xunta en colaboración co Concello de Outeiro de Rei (2000-2006).