É funcionario do Corpo Superior da Xunta de Galicia e licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación. Foi Subdirector Xeral de Creación e Difusión Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
Escribiu varias obras de poesía: A fonte Abagañada, Pabellón Habitado, Ara Solis e Días de cera. En novela, destacan: O Bosque das Antas, Tempo de Crepúsculo e Sombras no Labirinto. Tamén é autor de relatos, Historias roubadas e de guías de viaxes como: Guía Histórico Patrimonial da Provincia da Coruña (en colaboración con Xavier Alcalá), Guía Histórico Patrimonial da Provincia de Ourense (en colaboración con Camilo Franco) e Unha Viaxe á Procura do Solpor.
Escribiu guións para series da TVG e para a productora "Xamalú Films". É colaborador en distintos xornais e deu numerosas conferencias e recitais. É promotor de iniciativas culturais (Animación sociocultural, "Xornadas de Cultura Tradicional de Carnota", etc.). Asistiu a congresos nacionais e internacionais (Montreal, Santiago Vila Real, Porto, Castellón, etc.).