Ana Sastre Soriano


Categoría: Artesá, escultora
Data de Nacemento: 9 de abril de 1951
Lugar de Nacemento: Las Navas del Marqués (Ávila)

   Cultura
 Currículum

Vive en Galicia dende os 21 anos.

Mestra e diplomada en E.F., Música e Plástica.

Diversos cursos de maquetas, barro, escayola, moldes, títeres…

Dedicouse á ensinanza, ata que a incapacitación por enfermidade a levou a descubrir máis “cousas” no seu interior, traballando con diversos materiais e técnicas, especializándose no reciclado de papel para sus creacións. Comezou polos monicreques e cabezudos, logo chegaron os xoguetes, os disfraces, os bonecos para vodas, obxectos de decoración e restauración e escultura, ata chegar á súa obra máis querida: as Réplicas de Virxes Medievais. Sempre utilizando pasta de papel e madeira, e coidando tódolos seus detalles. Nesta etapa impartíu obradoiros no concello de Sada. Colaborou co teatro afecionado como directora artística, no deseño e a elaboración do vestiario, decorados...

 Obras realizadas

Fixo a súa primeira exposición cos monicreques, en Sada, no 2002, na Casa de Cultura.

No Centro Cívico de Arteixo organízase a primeira das mostras das súas Virxes Medievais. En decembro de 2010. Proceden na súa maior parte de León, aínda que hai de Asturias, Cataluña, Navarra…

En abril de 2011 expón en Las Navas del Marqués, na sala municipal “Os Toriles”, onde volve en agosto do mesmo ano, trala espectación espertada, coincidindo coa festa medieval da vila.

En xuño/xulio de 2011, na Capela de San Roque en Sada presenta algunha das virxes das anteriores exposicións máis as novas que vai facendo pensando xa no proxecto GALICIA.

En todas as súas exposicións ten un pequeno recuncho, obradoiro en vivo, para mostrar aos interesados como fai o seu traballo.

En novembro de 2011 participa nunha mostra colectiva de artesáns de Las Navas del Marqués.

En agosto de 2012, invitada por Xosé Lois García (marabillosa persoa, escritor chantadino) e os Amigos do Románico de Chantada, vivíu un vibrante acto, reivindicando, para a mellora na conservación do noso patrimonio cultural, na igrexa de Pesqueiras.

Elaborou para este acto unha réplica da virxe do século XII, desaparecida en 1999, nun incendio-roubo, con tan só unha foto frontal “Volveu a Virxe”.

Actualmente traballa co proxecto de reunir unha colección de Vírxes Románicas e Góticas da Galiza, as esquecidas e case descoñecidas, figuras femininas, buscadas polas pequenas aldeas, mosteiros e algún museo. Todas xuntiñas, como é o seu desexo, coma homenaxe ao papel da muller.

En 2014 expón as súas réplicas de Vírxes Románicas baixo o título "Madres del Medievo", en Betanzos por invitación da coral, no seu 45 aniversario.

Tamén en 2014 expón as súas esculturas dende o 15 de abril ó 30 de maio na Casa-Museo de María Pita na Coruña.