David Jorge


Categoría: Historiador e profesor universitario
Data de Nacemento: 20 de abril de 1987
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Nacido en Lugo en 1987, en 2005 trasládase a Madrid, onde se licencia en Ciencias da Información e obtén un Máster en Historia Contemporánea-Historia das Relacións Internacionais pola Universidade Complutense de Madrid, ademáis dun Diplomado en Estudios sobre Seguridade e Defensa polo CESEDEN.

En 2013 incorpórase como docente a Wesleyan University (Middletown, Connecticut, Estados Unidos). Tras finalizar o ano académico, en xuño de 2014 regresa a España para doutorarse en Historia na Universidade Complutense de Madrid, cunha tese doutoral dirixida polo prestixioso historiador, economista e diplomático Ángel Viñas.

Exerce, en diferentes etapas, como profesor temporal e tutor en España de diversos programas de Study Abroad para estudantes estadounidenses; posteriormente desempeñaría unha labor similar en programas de Erasmus para estudiantes europeos.

En 2015 trasládase á Cidade de México, onde continúa a súa traxectoria académica cun post-doutorado na 'DGAPA-UNAM' na Universidade Nacional Autónoma de México, baixo a asesoría de Álvaro Matute, un dos principais historiadores mexicanos contemporáneos. Durante dous anos exerce como investigador post-doutoral no Instituto de Investigacións Históricas e como profesor na Facultade de Filosofía e Letras da propia UNAM, e co-dirixe o Seminario de Historia Internacional que celebran conxuntamente a UNAM e 'El Colegio de México'.

En 2017 incorpórase como profesor-investigador ó Instituto de Estudios Internacionais ‘Isidro Fabela’ da Universidade do Mar (Bahías de Huatulco, Oaxaca, México), co académico e ex político galego Modesto Seara Vázquez como rector. Ese mesmo ano foi nomeado coordenador académico da Cátedra México-España e do Seminario Permanente México-España -fundados e dirixidos por Clara Lida e Tomás Pérez Vejo-, e gaña mediante concurso de oposición a praza definitiva de Historia Diplomática, é nomeado membro da mesa directiva da Asociación Mexicana de Estudios Internacionales e ingresa no Sistema Nacional de Investigadores (SNI) de México.

En 2018 obtén un segundo post-doutorado 'Juan de la Cierva-Incorporación' financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade de España, e combina un breve regreso a España cunha estadía de investigación por diversos países de América Latina. A finais daquel mesmo ano obtén por unanimidade, mediante concurso de oposición, a praza de Historia de Europa no Centro de Estudos Histórico de El Colegio de México (COLMEX).

Dende inicios do 2019 é profesos-investigador de El Colegio de México, obtendo a praza definitiva a inicios do 2024, ano en que tamén foi recategorizado ao nivel superior no SNI.

 Obras realizadas

É autor dos libros: “Inseguridad colectiva: La Sociedad de Naciones, la Guerra de España y el fin de la paz mundial” (Valencia, Tirant lo Blanch, 2016), "War in Spain: Appeasement, collective insecurity and the failure of European democracies against fascism" (New York: Routledge, 2020; 2a ed.:2022) e "De la revolución al antifascismo: La Komintern y el desarrollo de una causa transnacional" (Madrid: Catarata, 2023).

Coordinou o libro colectivo “Tan lejos, tan cerca: Miradas contemporáneas entre España y América Latina” (Valencia, Tirant lo Blanch, 2018), e co-coordinado os seguintes: "Las derechas iberoamericanas: Desde el final de la Primera Guerra hasta la Gran Depresión" (Ciudad de México, El Colegio de México, 2019), "¿Cien años de Relaciones Internacionales? Disciplinariedad y revisionismo" (Ciudad de México, Siglo XXI, 2019) e "Lo que no puede morir: La llama de Tina Modotti" (Madrid: Fundación D. Malagón, 2023).

Publicou preto de medio cento de traballos como capítulos en libros colectivos ou artigos en revistas académicas de países como Estados Unidos, México, Reino Unido, Francia, España e Nova Zelanda, así como columnas de opinión en medios de comunicación de España, México e Estados Unidos. Impartiu conferencias en diferentes universidades de España, Portugal, Estados Unidos, México, Chile, Arxentina, Uruguay e Brasil.

 Outros datos de interese

É afillado de Carmen Rof Carballo (1915-2009), irmá de Juan Rof Carballo e filla de Juan Rof Codina.

En 2004 foi becado para unha estadía académica en Alemania polo Comenius Programme da Comisión Europea.

En 2013 funda e dirixe dende os seus inicios a rede académica H-Spain, integrada en H-NET (Michigan State University).

En 2015 foi designado membro da World Association for International Studies (Stanford University).

Dende 2017 é membro do Sistema Nacional de Investigadores (SNI) de México, ingresando con nivel I. En 2024 é ascendido a nivel II.

Desenvolveu estadías pre-doutorais, entre 2011 e 2013, en París, Londres, Xenebra, Lisboa e Barcelona, e estadías post-doutorais en París, Madrid, São Paulo, Río de Xaneiro, Bos Aires, Montevideo, Santiago de Chile, Berkeley, Washington DC, Chicago, La Habana e Bogotá.