Foi avogado da Real Audiencia, procurador xeral e rexedor perpetuo da Coruña, representante e membro do Consulado do Mar da Coruña. Foi un dos primeiros reformistas ilustrados galegos, que intentou mitiga-la situación das clases máis desfavorecidas sen romper cos privilexios dos señores.
Unha das súas grandes preocupacións foi a eliminación dos estorbos que se opoñían ó progreso da economía do seu tempo, ó que dedicou dúas obras: Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia. Discurso político legal (1775) e Estorbos y remedios de la riqueza de Galicia. Segundo discurso político legal (1775).