José Vilas Nogueira


Categoría: Profesor e escritor
Data de Nacemento: 25 de xullo de 1936 (†19 de Agosto de 2010)
Lugar de Nacemento: Vigo
 Currículum

Licenciado e Doutor en Dereito. Catedrático de Ciencia Política da Universidade de Santiago. Foi bolseiro do Goberno Francés (París, febreiro-abril do 1968) e do Goberno español (París, curso 1974-75). Foi Director do Departamento de Teoría do Estado da Universidade (1990-91). Foi Decano da Facultade de Ciencias Económicas da Universidade de Santiago (1984-86) e da Facultade de Ciencias Políticas da mesma Universidade (1991-96). Foi autor do discurso inaugural do curso 1995-96 na Universidade de Santiago. Ten sido conferenciante en moitas institucións docentes, tanto en España como no estranxeiro (Alemaña, Italia...). Foi tamén colaborador habitual na prensa, en especial en El Correo Gallego. Antes de dedicarse á Universidade foi Secretario da Administración Local.

 Obras realizadas

Entre outras moitas podemos destaca´las seguintes obras: O Estatuto Galego. A Coruña (Ed. do Rueiro, 1975). Ideología y periodización del diferencialismo gallego, en varios. Ideología y sociedad en la España Contemporánea. (Madrid,1977). Dende Galicia Mar (con C. Barros) Sada, Ed. do Castro, 1985. Las elecciones en Galicia, 1976-1991, Barcelona, ICPS,1992. O Sistema Político Galego (con R. Maiz et al.), Vigo, Ed. Xerais, 1994. Introducción a la Ciencia Política, Santiago, Tórculo, 1994. Las organizaciones de partido. Universidad de Santiago, 1995. Las ideologías en la Constitución, en E. Álvarez Conde. Administraciones Públicas y Constitución, INAP 1998. Gobierno y Administración en Galicia, en J. L. Paniagua. Gobierno y Administración en las CC.AA., Tecnos, 2000.