Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago (1986) e Axente de Desenvolvemento Rural.
Xerente do programa de Desenvolvemento Rural ‘Leader + Montes’.
Fundador e coordinador da revista cultural ‘COTAREDO’.
Colaborador da Voz de Galicia na edición Deza-Tabeirós-Montes, coa columna semanal ‘A Balada do Candán’.
Colaborador do Faro de Vigo na edición Deza-Tabeirós–Montes, coa columna semanal ‘Ecos Mettacios’.
Concelleiro de Cultura do Concello de Forcarei desde 1999.
Autor dos textos e da coordinación da páxina web ‘Forcarei.net’.
PUBLICACIÓNS:
’Forcarei, no berce do Umia e do Lérez’ (Concello de Forcarei, 1992).
Guía ‘Terra de Montes’ (Everest, 2000).
Libro de relatos ‘Memoria de Trasdomonte’ (Edicións Fervenza, 2003).
Biografía ‘Chano Piñeiro’ (Edicións Fervenza, 2003).
Revista Cultural ‘Cotaredo’ (Concello de Forcarei, edición anual).
Coordinación de ‘Forcarei. Historia fotográfica do século XX’ (Deputación Provincial de Pontevedra, 2005).
Asesoramento lingüístico en ‘Muíños Tradicionais en Pontevedra’, documental de Federico de la Peña Santos.
Asesoramento lingüístico en ‘Amelia de Terra de Montes’, docudrama de Federico de la Peña.
Asesoramento lingüístico en ‘Os Froitos da Pedra’, docudrama de Federico de la Peña.
Coautor (con Bofill) da Biografía en banda deseñada (comic) de Avelino Cachafeiro, o Gaiteiro de Soutelo (Faro de Vigo, 2001).
Coautor (con Bofill) da Biografía en banda deseñada (comic) de Chano Piñeiro (Faro de Vigo, 2001).
Publica "Raiolas no Faiado" (Sotelo Blanco Edicións, 2008).
PREMIOS:
Premio ‘Camilo José Cela’ de Narrativa (2001), XII edición, pola narración ‘Unha campa na congostra de Rebordechao’.
Premio ‘Reimóndez Portela’ de Xornalismo (2001), VI edición, pola colaboración xornalística ‘Ler ou non ler, esa é a cuestión’, publicado na Voz de Galicia.
2º Premio ‘Anxel Fole’ de Narrativa (2006), VIII edición, pola narración ‘A Muller que non comía’.
Premio ‘Manuel Oreste’ de Narrativa (2006), XI edición, pola narración ‘Raiolas no faiado’.
Premio de narración "Concello de Marín" (2006), pola narración 'O Empeine'.
Premio I Certame de Novela Curta "Xoán de Cangas" coa novela "Transparente, cronosférico e omníglota segredo de Don Amaro Loureiro e a súa alma perdida e recobrada", que será publicada polo Concello de Cangas.
Premio Anxel Fole de Lugo, na súa X edición, polo relato "O Bestiario Máxico do Abade Eliseo".