Chema Dapena


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1955
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Desde moi novo comeza a súa relación co mundo das artes plásticas con profesores como Saturno Lois, López Guntín, Benjamín Santín ou o valenciano Esteve Adam (Premio Nacional de Pintura). Posteriormente inicia os seus estudios superiores de arte en distintas escolas e en especialidades moi diversas como pintura, escultura, deseño industrial, obradoiros de cerámica, vidro ou microfusión de metais. Estudiou na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos de Lugo e licenciouse en Belas Artes en San Fernando (Madrid). En 1980 fixa a súa residencia en Ourense, onde comeza a súa traxectoria dentro do deseño industrial en 1983, desempeñando a dirección artística e creativa na firma ‘Porcelanas Galos’ ata 1991, ano no que volve á investigación e creación artística independente, compartindo dita actividade coa docencia en Portugal e Galicia. Polo que respecta ó seu labor como docente, foi profesor - monitor na Escola do Vidro de Galicia, Fundación Centro Nacional do Vidro, Real Fábrica de Cristais da Granja de Segovia nas especialidades de decoración, modelaxe e deseño en vidro. Ademais, impartiu cursos de Decorado e Deseño en Cerámica para Olarte, Coimbra (Portugal), de Escultura en Cerámica no Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, de Oleiro Ceramista de Moldes en Gres, Bemposta (Ourense), de Escultura Cerámica no Centro de Artesanía de Galicia (Lugo) e a conferencia ‘El Reciclado del Vidrio en el Arte’, Semana Verde de Galicia, Silleda. Froito do seu labor investigador nas artes plásticas, recibe en febreiro do ano 1995 o Premio Internacional de Deseño e Creación Artística na Internationale Frankfurter Messe en Alemaña, coa súa colección de cerámica e porcelana ‘Kandenske’.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS 1975: Círculo das Artes, Lugo. 1977: Sala do Concello da Coruña. 1978: Sala Zurbarán, Zaragoza e Centro Galego de Lérida. 1980: Sala Prisma, Lugo. 1981: Aula de Cultura de Caixa Galicia, Lugo; Sala ASCOT 1988, Ourense; Sala Conde de Fenosa, Zaragoza e Aula de Cultura de Caixa Galicia, Monforte de Lemos (Lugo). 1982: Aula de Cultura de Caixa Vigo, Vigo. 1986-1987: Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW, EE.UU.; CERAMEX, Feira Internacional de Lisboa (Portugal) e BIJORHCA, Exposición Internacional de París (Francia). 1988: International GIFT FAIR de Nova Iorque (EE.UU.); Sala ASCOT 1988, Ourense; Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW, EE.UU.; CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal); BIJORHCA, Exposición Internacional de París (Francia) e INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid. 1989: Studio 34, Ourense; Sala de Exposicións de MAPFRE, A Coruña; Círculo das Artes, Lugo; Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW. EE.UU.; CERAMEX, Feira Internacional de Lisboa (Portugal); BIJORHCA, Exposición Internacional de París (Francia) e INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid. 1990 – 1992: CERANOR, Feira Internacional de Porto (Portugal); CERAMEX, Feira Internacional de Lisboa (Portugal); INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR, Feira Internacional de Barcelona. 1993: CERANOR, Feira Internacional de Porto (Portugal); CERAMEX, Feira Internacional de Lisboa (Portugal); INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR, Feira Internacional de Barcelona. 1994: CERANOR, Feira Internacional de Porto (Portugal); CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal) e INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid. 1995: Sala DVORAK, Lugo; Artesanía e Deseño de Galicia, Museo Ramón Valle-Inclán; Exposición do Debuxo e Gravado, Xunta de Galicia (Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo). 1996: Exposición do Debuxo e Gravado, Xunta de Galicia (Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo). 1997: Exposición no Pazo Marqués de Lozoea (Segovia) e Exposición do Debuxo e Gravado, Xunta de Galicia (Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo). 1998: Exposición ‘Visiones de Luz’ no Museo Municipal de Ourense e na Sala da Deputación de Lugo; Exposición Colectiva de Nadal, Café Isaac (Ourense) e TURIARTE, Silleda. 1999: Exposición na Sala Universo, Pontevedra. 2000: Carpeta Acuarelas ‘Camiño a Compostela’, Xunta de Galicia, Casa de Galicia de Madrid; Casa da Cultura de Melgaco (Portugal) e Carpeta Acuarelas ‘Camiño a Compostela’, Xunta de Galicia, Museo Provincial de Lugo. 2001: Exposición ‘Os Nosos Artistas’, Cultura Xunta de Galicia, Ateneo de Ourense, Biblioteca Provincial de Lugo, Sala Teucro de Pontevedra, Biblioteca Provincial da Coruña e Exposición na Casa de Galicia de Madrid. 2002: Exposición na Galería Paula Pinho de Porto (Portugal) e Exposición no Mosteiro de Poio (Pontevedra). 2003: Exposición Galería Auria Arte, Santiago de Compostela; Exposición Centro Mataró Park, Mataró; Exposición no Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra e Exposición na Sala ‘A Fábrica’ do Concello de Allariz (Ourense). 2004: Galería Darbe-Louise, Barcelona e Chicago (EE.UU.). EXPOSICIÓNS COLECTIVAS 1975: Círculo das Artes, Lugo. 1976: Galería Arco da Vella, ‘Arte pra un tempo novo’ xunto con autores como Canogart, Pablo Serrano, Fajardo, etc., Lugo. 1977: Sala do Concello da Coruña. 1978: Sala Zurbarán, Zaragoza e Centro Gallego de Lérida. 1980: Sala Prisma, Lugo. 1981-82: Colectiva de Plásticos Galegos, Caixa Vigo; Aula de Cultura de Caixa Galicia, Lugo; Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Sala Conde de Fenosa, Zaragoza; Aula de Cultura de Caixa Galicia, Monforte de Lemos (Lugo) e Aula de Cultura de Caixa Vigo, Vigo. 1986: Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW, EE.UU.; CERAMEX, Feira Internacional de Lisboa (Portugal), BIJORHCA, Exposición Internacional de París (Francia), INTERGIFT, Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR, Feira Internacional de Barcelona. 1987-1988: International GIFT FAIR de Nova Iorque (EE.UU.); Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW, EE.UU.; CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal); BIJORHCA Exposición Internacional de París (Francia); INTERGIFT Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR Feira Internacional de Barcelona. 1989: Internationale FRANKFURTER MESSE, Alemaña; Dallas GIFT SHOW, EE.UU.; CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal); BIJORHCA Exposición Internacional de París (Francia); INTERGIFT Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR Feira Internacional de Barcelona. 1990: CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal); INTERGIFT Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR Feira Internacional de Barcelona. 1992-93: CERANOR Feira Internacional de Porto (Portugal); CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal); INTERGIFT Exposición Internacional de Madrid e EXPOHOGAR Feira Internacional de Barcelona. 1994: Exposición ‘Coa Alma Enteira’ ó pobo cubano, Museo Municipal de Ourense; CERANOR Feira Internacional de Porto (Portugal); CERAMEX Feira Internacional de Lisboa (Portugal) e INTERGIFT Exposición Internacional de Madrid. 1995: Deseño de Galicia, Centro de Artesanía e Deseño de Galicia (Lugo); Feiras de Debuxo e Gravado, Xunta de Galicia en Lugo, Ourense, Santiago, Vigo e Pontevedra; Artesanía e Deseño de Galicia, Museo Ramón Valle-Inclán, Pobra do Caramiñal. 1996 – 1997: Feiras de Debuxo e Gravado, Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, A Coruña, Pontevedra e Vigo. 1998: Exposición Colectiva de Nadal, Café Isaac, Ourense e TURIARTE, Silleda (Pontevedra). 2001: Exposición itinerante dentro do ciclo ‘OS NOSOS ARTISTAS’, Cultura Xunta de Galicia e Arte e Sida, Liceo Recreo Ourensán (Ourense). 2002: Exposición colectiva coa Galería Galicia-Arte en Ourense e Arte e Sida, Liceo Recreo Ourensán (Ourense). 2003: Galería Auria Arte, Santiago de Compostela; Centro Galego de Barcelona, 12 Artistas Galegos; Centro Mataró Park, Mataró; Círculo Mercantil e Industrial de Pontevedra e Arte e Sida, Liceo Recreo Ourensán. 2004: Arte e Sida, Liceo Recreo Ourensán; Darbe-Louise Gallery, Barcelona e FAIM, Madrid. Polo que respecta ás súas obras escultóricas, destaca a escultura para o Banco Bilbao-Vizcaia (1988), a escultura para o Colexio de Arquitectos de Galicia (1990), a escultura de Sta. María de Cervellón para a nova Igrexa dos Pais Mercedarios en Madrid (1996), o busto de Xosé Martí para a Biblioteca das Américas no Pazo de Fonseca. Rectorado da Universidade de Santiago de Compostela (1997), a obra ‘As Fontes da Poesía’, coa que participa no Proxecto ‘Galicia Terra Única’ da Xunta de Galicia no apartado de escultura ó aire libre, o conxunto escultórico ‘A Orixe da Vida’ para o Complexo Hospitalario Sta. María Nai de Ourense, realizada en aceiro cortem e vidro fundido. En 1998 realizou a escultura ‘Visiones de Luz’ no Museo Municipal de Ourense e na Deputación de Lugo e a escultura ‘De EE.UU. Mensaxeira’, en bronce para os Premios GALICIA DE COMUNICACIÓN 1999, Xunta de Galicia. Fixo tamén ‘O Faro da Fin do Mundo’ en Vilanova de Arousa - Pontevedra (1999), a obra ‘A Deusa da Excelencia’ para o grupo Mahou, San Miguel (2003) e o conxunto escultórico ‘As Pirámides da Agua’, O Carballiño - Ourense (2004). Realizou tamén un mural en gres refractario para o Centro de Artesanía e Deseño de Galicia da Deputación Provincial de Lugo (1997), un mural en vidro fundido para a Cámara de Comercio de Ourense polo seu centenario (1999), un mural en vidro fundido para a Delegación da CPTOPV en Ourense e os vitrais monumentais da Igrexa de Ponte Lima (Portugal) e da Sagrada Familia en Vigo (Pontevedra).

 Outros datos de interese

Foi galardonado co primeiro premio no Certame Nacional de Debuxo (1970), co Premio Internacional de Deseño e Creación Artística na Internationale Frankfurter Messe de Alemaña, coa súa colección de cerámica ‘Kandenske’ (1995) e o premio do III Certame de Escultura do Salnés, Pontevedra (1999). BIBLIOGRAFÍA: ‘Plásticos Gallegos 1981’, Caixa de Aforros de Vigo; ‘Chema Dapena. Visiones de Luz’, Concello de Ourense (1998), ‘Chema Dapena’, Xosé Barreiro (2000); ‘El Alquimista Revivido’, Francisco de Pablos (2000); ‘Artistas de Galicia’, Xunta de Galicia (2003 / 2004); ‘Guía Nacional de Arte’, Plecs d´ Art (2003-2004); ‘Pintores e Escultores IESE Lucus Augusti’, M. Celso Matalobos (2004) e ‘Chema Dapena Escultor’, Revista Auria. Caixanova Universidade (2004).

 

Pagina web: http://www.wix.com/chemadapena/web-de-chema