Manuel Pérez Fafián


Data de Nacemento: 1902 († 1989)
Lugar de Nacemento: Santa Baia de Camba, Rodeiro (Pontevedra)
 Currículum

Cursou o bacharelato na cidade de Ourense.

Cursou a carreira de Dereito na Universidade Central de Madrid.

Cursou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela.

Aprobou as oposicións a Xuiz de Primeira Instancia (Xuiz Comarcal) en 1947.

Exerceu de abogado e xuiz nas vilas de Monforte de Lemos (Ourense), Monterroso (Lugo), O Carballiño (Ourense), Olmedo (Valladolid), Falset (Tarragona)...

Xubilouse en 1972.

 Obras realizadas

Dende sempre estivo interesado e apaixonado pola agricultura. A principios dos anos 60 construíu unha das primeiras cortes da provincia de Pontevedra nas fincas da súa casa (Casa e Fortaleza de Camba, Rodeiro) para as vacas frisonas de produción leiteira.

Recompilou datos inéditos sobre a Casa e Fortaleza de Camba, publicados posteriormente ao seu pasamento (1989) no libro Historia de la Casa Fortaleza de Camba (Deputación de Pontevedra, 1999).

Tivo sempre un grande interese pola cultura castrexa do pobo de Rodeiro, mantendo boa amizade con José Filgueira Valverde, creador do Museo de Pontevedra.

 Outros datos de interese