É diplomado en Altos Estudios Militares polo CESEDEN (Madrid), diplomado en Corrosión e Supervisión pola Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Navais (Ferrol) e diplomado en Protección e Revestimentos do Aceiro por "ICM Ltd". É funcionario do Estado en excedencia por servicios especiais e inspector do departamento marítimo do "International Marine Coatings" en excedencia forzosa. Foi concelleiro do Concello de Ferrol (1983-1991), primeiro tenente de alcalde de Ferrol (1987-1989), deputado nacional do Partido Popular pola Coruña na IV, V, VI e VII lexislatura e coordinador nacional territorial do Partido Popular (1991-2000). Durante o período 2000-2003 foi o delegado do Goberno en Galicia. Na súa condición de deputado, ocupou os seguintes cargos: vicepresidente da Comisión de Defensa (IV Lexislatura), portavoz de Pesca (V Lexislatura), portavoz de Construcción Naval (IV, V e VI Lexislaturas), portavoz de Mariña Mercante (IV, V e VI Lexislaturas), portavoz de Defensa do Partido Popular (VI Lexislatura), presidente da Comisión Nacional de Defensa do Partido Popular (IV Lexislatura) e representante do Congreso dos Deputados ante a OSCE (VI Lexislatura).
Está en posesión da Gran Cruz do Mérito Naval.