Dende neno comezou a amosar a súa inquedanza pola problemática social, o que máis adiante o levaría a adicarse á política pero tamén ó ensino, ó que adicou boa parte da súa vida como profesor de Tecnoloxía nos Institutos de Pobra de Trives e Carballiño, neste último tamén coma director entre os anos 1993 e 2003.
Iniciou a súa actividade política no Concello de Ourense nas eleccións municipais de 1983, para ser concelleiro de Educación nas legislaturas de 1983-1987 e 1987-1991. No ano 1991, resultou elixido Deputado no Parlamento de Galicia no que estivo ata o ano 1997, sendo Voceiro na Comisión de Educación do mesmo. No ano 1999, resultou elixido Concelleiro de Cultura no Concello de O Carballiño, posto no que estivo ata o ano 2003. No ano 2003, foi nomeado Secretario Xeral da Agrupación do PSdeG-PSOE de Ourense e presentouse coma candidato á Alcaldía de Ourense polo PSdeG-PSOE, exercendo de Voceiro e Concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourense e Voceiro e Deputado do Grupo Municipal Socialista da Deputación. Foi Alcalde de Ourense dende 2007 ata 2012.
Membro da Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE, membro do Comité Federal do PSOE, Vocal da Comisión de Cooperación ó Desarrollo da FEMP e Vocal na FEGAMP.