Ana María Carreira Varela


Pseudónimo:Ana Carreira
Categoría: Contacontos
 Obras realizadas

Especializada en adultos e, sobre todo, nenos, actuou en campañas de animación á lectura y la campaña “Creadores de Contos” da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia. Ademais, actuou en feiras de ensino en Lugo e Ferrol, en feiras do libro por toda Galicia, centros de ensino, librerías, bibliotecas, centros comerciais, locais de hostalería e todo tipo de festas. Participou en programas de TeleLugo e TVG como “Luar”, “Isto é noticia”, “Contacontos”...

 Outros datos de interese

Ademais da súa especialidade como contacontos, Ana Carreira é monitora de teatro e presidenta e actriz do grupo “Ubú Teatro”.