Francisco Miguel reuníase cun grupo de artistas na trastenda da súa librería na Coruña. Posteriormente viaxou a París onde perfeccionou os seus coñecementos artísticos. Cando regresou expuxo a súa obra na súa cidade natal e logo viaxou a México
O seu asasinato en 1936 truncou a vida dunha promesa para a pintura galega. Na exposición centenaria da Academia de Belas Artes da Coruña, exhibiuse o seu óleo Fantasía marina.