Manuel Curros Enríquez


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: 15 de setembro de 1851 (†7 de marzo de 1908)
Lugar de Nacemento: Celanova (Ourense)
 Currículum

Foi un dos dez fillos de Xosé María Curros e de Petra Enríquez. A causa da actitude tiránica Entre 1869 e 1877 o poeta, que se dedicaba ó periodismo en castelán, publicou algunhas composicións en El Heraldo Gallego, que dirixía en Ourense Lamas Carvajal. Pero a súa consagración definitiva veu coa publicación de Aires da miña terra (Ourense, 1880). Á primeira edición, que contiña vinteún poemas ademais dos tres premiados no certame de 1877, fóronselle engadindo outras composicións posteriores. En 1981 a Real Academia galega publicou unha edición facsimilar de Aires da miña terra, que reproduce con fidelidade a edición orixinal de 1880.do pai, Curros abandonou a casa paterna cando tiña quince anos. Foi a Ourense e de alí a Madrid. Alí foi protexido de Modesto Fernández e González, En Madrid completa a súa formación intelectual, literaria e ideolóxica. Estivo exiliado en Londres polo ano 1870 a causa dun escrito de carácter político. De volta en Madrid, funda en 1875 con Vesteiro Torres a Sociedade Galicia Literaria . Ese mesmo ano vai como correspondente de guerra de El Imparcial ó País Vasco. Un accidente cunha pistola pon a Curros á beira da morte.Logo da guerra, e recuperado, regresa a Madrid, restablecendo a súa actividade literaria e periodística.En 1877 gaña un certame poético en Ourense. A raíz da victoria no certame, o poeta, que conseguira praza de funcionario en Ourense, establécese en Galicia para dedicarse dun xeito definitivo á literatura galega. A causa duns versos que o Bispo de Ourense consideraba que ridiculizaban ou atacaban dogmas da relixión católica, Curros é sentenciado a dous anos, catro meses e un día, e multa de 250 pesetas, aínda que a Audiencia da Coruña absolveuno. Foi cesado no seu posto de funcionario e volve a Madrid. Emigra a Cuba en 1894 onde viviu a independencia da colonia, manifestándose en contra do goberno de Madrid. Colaborou coa prensa cubana ata a súa morte no sanatorio do Centro Asturiano no ano 1908.

 Obras realizadas

Entre 1869 e 1877 o poeta, que se dedicaba ó periodismo en castelán, publicou algunhas composicións en El Heraldo Gallego, que dirixía en Ourense Lamas Carvajal. Pero a súa consagración definitiva veu coa publicación de Aires da miña terra (Ourense, 1880). Á primeira edición, que contiña vinteún poemas ademais dos tres premiados no certame de 1877, fóronselle engadindo outras composicións posteriores. En 1981 a Real Academia galega publicou unha edición facsimilar de Aires da miña terra, que reproduce con fidelidade a edición orixinal de 1880. No poema que serve de introducción a esta obra, Curros alega que a situación da lingua galega era consecuencia da opresión que padecía o pobo e declara o seu compromiso con esa lingua. A raíz do proceso que se inicia coa publicación de Aires da miña terra, Curros foi excomungado. Curros ataca abertamente a actitude social da igrexa e o seu anticlericalismo non é só unha reacción persoal, senón unha faceta da súa ideoloxía. Para o certame de Ourense de 1877 Curros escribe A Virxe do Cristal. Trátase dun longo poema de máis de mil versos que relata a historia que deu orixe a unha devoción popular aínda hoxe viva naquelas terras. Pódese dicir que é unha composición de carácter popular, en certo modo de carácter costumista. A este tipo de poesía costumista corresponderían tamén os seus poemas titulados A gueiteiro, Unha boda en Einibó e O Maio. En 1888 aparece publicado na Coruña O divino sainete, que foi considerado polo propio Curros como a mellor das súas obras. Trátase dunha libre parodia de A divina comedia de Dante na que a sátira é claramente palpable pola caracterización caricaturesca dos personaxes, a forza expresiva da linguaxe e o humor sarcástico. Aínda que Curros se amosa contrario á poesía intimista, hai momentos nos que non deixa de expresar as súas reaccións e sentimentos persoais. Así sucede cunha serie de composicións de temática familiar: Ben chegado, que celebra o nacemento do seu primeiro fillo e as elexías ¡Ai!, que expresa a súa dor pola morte dun fillo e Na morte da miña nai, que é o máis longo poema intimista de Curros. Esta temática intimisma maniféstase tamén noutros poemas, aínda que non son de temática familiar, como son Tempro deserto, Sola e A Rosalía. Polo que respecta á prosa, Curros escribiu só dous textos breves, un prólogo a Aturuxos de R. Armada Teixeiro e notas en Aires ós poemas A Virxe do cristal, Cántiga e Tempro deserto. Aínda que a maior parte da producción de Curros está escrita en galego, cómpre destacar algunhas obras en castelán como Sátira en verso contra la Constitución de 1879, El ldos de mayo de 1808. Loa original y en verso (Madrid, 1874), El maestre de Santiago (1874), Paniagua y compañía. Agencia de sangre (A Coruña, 1878), El Padre Feijoo (Ourense 1880), El último papel, que se publicou na revista Galicia nos anos 1892 e 1893, La Condesita (1893), Eduardo Chao (A Habana, 1893) e bastantes traduccións de poemas portugueses que foron publicados en diferentes periódicos.