Fernando González Laxe


Categoría: Profesor
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

É doutor en Ciencias Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de Economía Aplicada na Universidade da Coruña. Actualmente é director do Instituto Universitario de Estudios Marítimos e subdirector do Instituto de Estudios de Galicia da Fundación Pedro Barrié de la Maza. Foi tenente de alcalde do Concello da Coruña, director xeral de Ordenación Pesqueira da Administración do Estado e presidente da Xunta de Galicia (1987-90). Foi, ademais, parlamentario galego e senador en representación da Comunidade Autónoma durante catro lexislaturas. Formou parte do equipo negociador da adhesión de España á Comunidade Económica Europea e da Asemblea Parlamentaria do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental. No Senado ocupou a presidencia da Comisión de Economía e Facenda.

 Obras realizadas

É autor dos seguintes libros: Estructura económica de Galicia (Espasa Calpe); O desafía económico de Galicia (Fundación Luis Tilve); Galicia, un camiño á renovación (Edicións do Castro); La economía del sector pesquero (Espasa Calpe); La economía del transporte marítimo; Los impactos del Prestige (Fundació Barrié) e Fortaleza e debilidade da Europa Azul (Caixa Galicia).