A súa toma de contacto coa política foi sendo alcalde da súa vila. Profesionalmente, Cuiña Crespo era industrial, profesión á que se dedicou tras cursar estudios na Facultade de Biolóxicas. Politicamente, o titular da CPTOPV, foi elixido dúas veces (en 1979 e 1987) alcalde de Lalín, desde onde accedeu ó cargo de presidente da Deputación de Pontevedra (14 de agosto de 1987). Catro anos antes, en 1983, fora elixido tamén deputado autonómico polo PP (reelixido en 1989, 1993, 1997 e 2001), e no PPdeG ocupou ata 1999 o cargo de secretario xeral (foi substituído por Xesús Palmou). Foi Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia (CPTOPV).