Case toda a súa formación en fotografía venlle da lectura de libros sobre fotografía e fotógrafos.
Fixo cursos de fotografía, photoshop e de iluminación.
Traballou varios anos para o Concello de Arteixo cubrindo as festas e cursos de educación vial, tamén fai traballos de obra civil, reportaxe social e vodas (A Coruña, Ordes, Cariño e Rianxo).
Dentro dos seus traballos, destacan as series dedicadas á Coruña e Man, o alemán de Camelle.
PREMIOS
O premio máis importante que obtivo foi o de Mellor Fotografía en "La Coruña en 36 imágenes"; tamén obtivo premios en "Autopistas del Atlántico", "Palacio de Congresos da Coruña" e "Porto de A Coruña".
WEBS:
http:// www.genarodiazfotografo.com
http://www.alemandecamelle.com