Ezequiel Méndez Vidal


Data de Nacemento: 1 de novembro de 1941
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

É licenciado en Filosofía e Letras

1967-1973: Distribuidor de editoriais en Galicia (Alianza, Siglo XXI, Fondo de Cultura Económica, Tecnos, Seix Barral, Ariel, Cuadernos para el Diálogo, Ciencia Nueva, Labor, Ediciones de Cultura Popular, Edició de Materials, Ricardo Aguilera, Akal, Anagrama, Tusquets, Laia, Guadiana, Guadarrama, Edhasa, Castalia, Enlace, etc.).

1974-1982: Director-Xerente do Fondo de Cultura Económica, en Madrid.

1982-1989: Director de Marketing de Alianza Editorial.

1989-1990: Director de Promoción e Marketing do diario El País.

1991-1993: Director da Área de Cultura, de Relacións Externas e de Publicacións no equipo fundador do Instituto Cervantes.

1994-2003: Director de Editorial Electa (Grupo Random House Mondadori).

Actualmente en situación de xubilado.

 Obras realizadas

ACTIVIDADE TEATRAL

COMO ACTOR:

1958-1960: Colexio Minerva (hoxe Manuel Peleteiro): Escuadra hacia la muerte (Sastre); Guillermo Tell (Schiller); Sancho Panza en la Ínsula Barataria (Casona); La zorra y las uvas (Figueiredo).

1960: Colexio Minerva /Instituto Rosalía Castro: La barca sin pescador (Casona)

1960: T.E.U. (Teatro Español Universitario): Antígona (Jean Anouilh); (Traducción ao galego de Xosé Manuel Beiras, Xosé Luis Franco Grande e Ramón Silva).

1961-1962: Cantigas e Agarimos: Os vellos non deben de namorarse (Castelao), -Estrea en Galicia-; Los hombres pueden ser dioses (Gallego Tato).

1961-1963: T.E.U. (Teatro Español Universitario): El diente (Julio Imbert); Las palabras en la arena (Buero Vallejo); Encuentros en el jardín (Martín Recuerda); Así es si así os parece (Pirandello).

1961-1967: DITEA: El hospital de los locos (Valdivielso); El pleito matrimonial del cuerpo y el alma (Calderón); Lutero (Osborne); La noticia (Olmo).

 

COMO DIRECTOR:

1964: Grupo Tespis: La guarda cuidadosa (Cervantes); Farsa del cornudo apaleado (Casona); Petición de mano (Chejov).

1965: Colexio La Salle: Huracán sobre el Caine (Wouk).

 

ACTIVIDADE CINEMATOGRÁFICA

1960-1967: Diarios La Noche e El Correo Gallego (ambos en Santiago de Compostela): Crítica de estreas e artigos sobre realizadores, cinematografías nacionais, movementos estéticos, etc. Máis de 200 colaboracións.

1961-1964: Fundador e Director do Cine-Club Universitario.

1965-1967: Fundador e Director do Cine-Club A.F.C. (Agrupación Fotográfica Compostelana).

1964-1966: Fundación e codirección do Equipo 64 (con Gonzalo Anaya e Enrique Banet). Producíronse os seguintes documentais en 16 mm con patrocinio da Caixa de Aforros de Santiago: El Camino de Santiago; Malpica; El Pórtico de la Gloria; Compostela inédita.

Copias destes filmes están depositadas no Centro Galego de Artes da Imaxe (C.G.A.I.).

Tamén se elaborou un guión titulado Castelao que non chegou a producirse por disolución do equipo.

1973: I Semana do Cine en Ourense. Conferencia-relatorio titulada “Postulados para un cine galego”.

1989-1994: Dobraxe de películas, telefilmes, vídeos e publicidade, simultaneando a actividade editorial, traballo como actor de dobraxe en diferentes estudios madrileños: Exa, Arcofón, Tecnisón, Abaira, Sincronía, Telson, etc...

2008-2010: Colaboración semanal, os mércores, en El Correo Gallego, de Santiago, cunha sección titulada “Medio siglo de cine”, onde se analiza o mellor cine de hai cincuenta anos.