Autodidacta, practica a pintura ó óleo principalmente, que simultanea coa acuarela, pastel e escultura, colaborando na ilustración de libros, revistas e publicacións. En 1983 funda e dirixe a súa propia escola de pintura en Verín (Ourense), onde reside. A partir de 1991 é profesor de óleo na Escola de Artes e Oficios Municipal da citada vila. A súa obra foi exhibida individualmente en toda Galicia e na práctica totalidade das principais cidades de España, tamén en Venezuela e México, con máis dun cento de exposicións individuais ás súas costas. Recréase na pintura de interiores, nos que busca o xogo de luces, penumbras e sombras, creando ambientes que evocan o sublime Mestre Vermeer.
EXPOSICIONES INDIVIDUAIS:
Realizou múltiples exposicións individuais, entre as que destacan: Verín – Ourense (1974, 1975, 1978, 1979, 1985, 1987, 1990, 1991, 1992, 1993, 1994, 1995, 1996, 1997 e 1999), Ateneo de Ourense (1975), Caixa de Aforros de Pontevedrda (1976 e 1978), Centro Artístico de Granada (1976), Museo Arqueolóxico de Ourense (1977 e 1980), Excma. Deputación de Lugo (1977), Excmo. Concellode Ferrol (1978), Galería de Arte Souto, Ourense (1979), Sala de Arte El Greco, Madrid (1979 e 1981), Caixa de Aforros de Santiago (1980 e 1981), Excma. Deputación da Coruña (1982), Sala Toison, Madrid (1983, 2001 e 2003), Casa da Cultura de Ourense (1984), Caixa de Aforros de Vigo (1984, 1985, 1988, 1990, 1998 e 1999), Galeía Cellini, Madrid (1985), Academia de Belas Artes, Sabadell (1987), Club de Campo, Elda (1987), Sala Velázquez, Valladolid (1991), Asociación de Artistas, A Coruña (1991), Galería Argar, Almería (1992, 1993 y 1998), Galería Obelisco, A Coruña (1992), Galería Zenhid, Madrid (1992), Centro Cultural Buenavista, Madrid (1994), Galería Rovira, Barcelona (1995 y 1997), Centro Gallego de Madrid, Madrid (1995), Museo da Regiao Flaviense, Chaves – Portugal (1996), Salón Casino Ponferrada, Ponferrada (1996), Galería Arte Imagen, A Coruña (1996 1998), Sala Murillo, Oviedo (1997, 1998, 2000 y 2004), Sala Almirante, Lugo (1997), Sala Santa Engracia, Madrid (1997, 1998 y 2000), Sala Dukessa, Vitoria (1999 y 2000), Sala Ercilla, Bilbao (1999), Sala de Arte Monticelli, Gijón (1999, 2000 2003), ARTEXPO 2000, Barcelona (2000), La Tacita D’Juan, Santiago de Compostela (2000, 2002, 2003 y 2004), Galería Bernesga, León (2001), Gaudi Art Gallery, Chicago (2002), Galería Coarte, A coruña (2002), Galería Delicias, Madrid (2003), Club Financiero, Vigo (2003), Centro Cultural Diputación de Ourense, Ourense (2003) y Galería Toison, Madrid (1995, 2001 y 2002).
EXPOSICIONES COLECTIVAS:
Caracas (Venezuela); Exposición Itinerante Plástica Gallega de la Xunta de Galicia; II, III, IV, V, VI, VII, VIII, IX y X Exposición de minicuadros de Galería Argar (Almería); Sala de Arte Vera (Almería); Galería de Arte Velázquez (Valladolid); ‘Homenaje al pintor Nadir Afonso’ (Portugal); Valdearte 92; ‘Cinco Pintores Verinenses 93’; Profesores Escuela de Arte 93; Maestros Escuela de Arte 94; Grupo Solaina das Artes, Círculo das Artes, Lugo (1994), Galería Rovira, Sabadell 95; Hostal de los Reyes Católicos (Santiago de Compostela) y Galería Toisón, Madrid (2001).
Despois de pasar por distintas etapas que comezan cos primeiros anos da xuventude tratando de facerse co oficio e manexo do medio, dedícase especialmente á figura. Máis tarde descobre o bodegón e a paisaxe. Na actualidade é a pintura de interiores o que lle inqueda, onde trata de captar as luces propias de cada momento e de cada rincón espacial.