Eva Carreras


Categoría: Cantante
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Sempre foi unha nena moi risoña e inqueda, á que lle gustaba apuntarse a todo tipo de actividades que tiveran relación coa arte, como a música, o baile ou o deporte.
Practica gran cantidade de actividades que foron complementando a súa sólida formación: solfexo, canto, teatro, ballet, baile galego, danza contemporánea, bailes de salón, danza jazz, natación, taekwondo…
Eva é a máis nova de cinco irmáns e na súa familia a arte sempre estivo presente. A súa nai foi cantante, cantou moitas veces en Radio-Vigo, pero nunca lle chegou a oportunidade de cumprir o seu soño, que era dedicarse á música. Ó seu pai non se lle deu mal cantar, pero decidiu que non era a súa verdadeira vocación. Entre os seus irmáns tamén hai artistas, a súa irmá maior Paula Carreras é unha excelente pianista e o seu irmán David Carreras é un gran artista plástico.
É técnico superior en Animación de Actividades Físico - Deportivas e licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, especializándose en Ximnasia Aeróbica e Natación.

 Obras realizadas

A súa andaina profesional comeza ós 18 anos cando Eva empezou a cantar en banquetes nun trío musical de Vigo “Philadelphia”, no que estivo uns tres anos. Pasada esta etapa decidiu formar o seu propio grupo “As Meigas” no que colaboraba a súa outra irmá Telma Carreras. Este trío musical mantívose dous anos e tiveron moito éxito pola súa orixinalidade, alegría e profesionalidade.
Traballou cinco anos nunha compañía de teatro profesional de Cangas (Pontevedra), “Teatro do Morcego”. Debutou cun papel protagonista que daba nome ó espectáculo “Branca Rosa e os Piratas”, seguiu coa popular e recoñecida obra do dramaturgo galego Castelao “Os vellos non deben de namorarse”, e outros espectáculos como a obra do dramaturgo italiano Eduardo Filippo, ‘La gran Ilusión’, e interpretou a obra de Michael Ende “Momo”. Co actor galego Miro Magariños realizou un espectáculo de rúa con motivo da festividade do mel de diversos pobos de Galicia.
Actualmente fíxose popular concursando en “Operación Triunfo”.

 Outros datos de interese

A día de hoxe segue completando a súa formación, finalizou un curso de Monitora de Aerobic por Orthos e recibe clases de guitarra da man de Miguel de Santiago, un gran frautista e compositor.