Estudiou Bacharelato en Ourense e posteriormente Dereito e Filosofía. Licenciouse en Filosofía en Madrid e en Dereito pola Universidade de Oviedo. En Madrid entra en contacto cos intelectuais da época e con figuras da Xeneración do 27 como Lorca, Alberti ou Gerardo Diego. Comeza a colaborar en revistas como Revista de Occidente e en periódicos como La época, El Sol, El Debate o ABC, sendo corresponsal en cidades europeas como Roma, París, Berlín e Londres.Casou coa escritora Natividad Zaro en segundas nupcias. Da súa primeira muller tivo dúas fillas.En 1940 foi nomeado membro da Real Academia Española da Lingua pronunciando o discurso El Romanticismo de los clásicos.
A súa obra abarca diversos campos: poesía, periodismo e ensaio.En castelán publicou El viajero y su sombra (1940), Federico II de Sicilia y Alfonso X de Castilla (1943), Melodía italiana (1944), Elegías europeas (1949), La estrella y su estela (1953).Á cultura galega aportou tres libros, titulados O vello mariñeiro toma o sol (1922), Versos a tres cas o neto (1930), Tres contos (1930) e un ensaio sobre a danza titulado Estética da muiñeira publicado en 1922 na revista Nós.