Mario Eijo Barro


Categoría: Técnico de cultura e escritor
Data de Nacemento: 16 de decembro de 1960
Lugar de Nacemento: Vilar, Lago, Xove (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Opinión
 Currículum

Estudiou o Bacharelato no Seminario de Mondoñedo e no Colexio Menor de Lugo. Licenciouse en Xeografía e Historia (especialidade de Arte Antigo e Medieval) en 1984 na Universidade de Santiago de Compostela e en 1988 presentou a tese de licenciatura "O cineclubismo en Santiago de Compostela (1961-1979)", obtendo a máxima cualificación. Desde 1988 traballa no Concello de Xove como Técnico Municipal de Cultura.

 Obras realizadas

Publicou o libro Cineclubismo e cine non comercial en Santiago nos anos 60 e 70 (1988, Universidade de Santiago de Compostela), o artigo "O cineclubismo en Santiago (1961-1979). Unha visión xeral", publicado en "Coordinadas nº 4" e realizou o guión do vídeo Xove. Un paraíso natural (editado polo Concello de Xove).

 Outros datos de interese

Na década dos noventa ocupou o cargo de secretario do Padroado "Romaría Internacional" e o de presidente da "Agrupación de Axuda Cidadá da Mariña Lucense-Protección Civil da Mariña" entre os anos 1995 e 2000.