Forma parte do grupo de escritores que, a partir da década dos cincuenta, trataron de prolongar e adaptar ós novos tempos a narrativa en lingua galega.
Entre as súas obras podemos destacar: Lonxe de nós e dentro (relatos). Como calquera outro día (novela). Cara a Times Square (novela), traducida ó castelán Hacia Times Square. Desfeita (novela), Premio da Crítica 1986. Luz del Príncipe Sol (novela en castelán). Arredor do non (relatos).